Asamblea

Asemblea de socios 2014
0
Logotipo de TADEGa sobre fondo negro.
Un ano máis, achéganse datas do nadal, significadas por motivos moi distintos e con latexos moi diferentes. O certo é que moitas veces canto máis grandes imos, máis tristuras se nos filtran no nadal.
E… ¿A que non sabedes como quixemos tolear quitándovos isa tristura desta volta? Temos un encargo para vós, estrano e atípico (coma sempre). Unha soa condición que o fagamos todos e todas.
Seguide as seguintes indicacións e, Dádelle caña!
1º. Tes que felicitar o nadal a cantos amigos e coñecidos teñas (incluíndonos a nós). Como? Elixe unha das seguintes opcións:
Opción A: “A hora do código”
Podes atreverte ti ou mellor aínda, pedirllo aos teus alumnos. Creade unha postal navideña e mandárnola a todos e todas (si, tamén á veciña do 6º). Todo a través de programamos.es Unha alternativa orixinal que nos achegan coa seguinte mensaxe:
LA HORA DEL CÓDIGO
La Hora del Código es un movimiento mundial, llegando a decenas de millones de estudiantes en más de 180 países; se trata de una iniciativa que comienza la semana que viene, del 8 al 14 de diciembre y que persigue que todo el mundo dedique al menos una hora a programar.Como se acerca la navidad y es tiempo de felicitaciones y buenos deseos, desde la web Programamos.es no quieren perder esta oportunidad e invitan a disfrutar de un particular
Hour of code, Para ello, durante estos días iremos publicando distintas entradas en las que explicaremos paso a paso cómo crear nuestras propias felicitaciones. Con la primera de ellas hemos probado y la verdad es que es muy muy sencillo, por lo que os invito a que lo intenteis con¶ vuestros alumnos. [ scratch.mit.edu (O tés en inglés, galego e castelán) ]
Opción B: www.vladstudio.com/es/cards
Para os que non se atrevan a tanto con iso de programar e prefiren cousas máis sinxelas.
Opción C: www.jibjab.com/holidays
O mesmo tamén pero con gañas de facernos rir cun par de fotos… jejeje.
Opción D: Grávate!
Para os que non queirades metervos nestas lides, outra opción, seguro que estades a preparar no cole o típico tópico festival de nadal, seguro que algún dos vosos alumnos ou todos eles van a actuar presentando algunha historia, canción, poema, canto, teatro, baile, danza… seguro tamén o gravades coa idea de subilo á web ou algo así ¿Nolo mandas? Estaría guai que o compartiras, que o que todos facemos a cotío, por unha vez, sexa coñecido e recoñecido por todos e todas.
2º. Tes que vir. Asemblea de socios e socias de TADEGa en Santiago de Compostela o 22 de nadal en sesión de mañá
Pois si, tes que vir; eres importante. Só é 1 vez ao ano, imos estar xuntos (e comer xuntos se queredes tamén), imos propoñer que este ano non cobremos a cuota de socios, vos imos falar do novo congreso para o 2015 que faremos en colaboración con Divertic e moitas sorpresas máis ¿Fan falta máis datos? Pero imos pedirche unha cousa, a ver se nos podes axudar: aínda non sabemos en que local porque no MUPEGA non hai sitio. Necesitamos localizar un sitio gratis e céntrico que nos permita xuntar, con wifi, canón e todo iso. Axúdasnos?.
Atréveste?
Nota: ao longo distes días e a partir do que nos vaiades achegando, iremos concretando o sitio da asemblea, horario, comida, etc.

Programa obradoiros TADEGa 13/14
1
Fotografía que fala de conflictos (neste caso de sinais de tráfico). Pero, en qué quedamos?
Actualizado o 6/3/2014
Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións.
Pero… En que quedamos?
Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos.
Na esencia así é a idea coa que xermolaron estes obradoiros polos que se preguntou despois do noso III Congreso do pasado novembro.
E aquí estamos amosándovos a programación que temos para todo o curso e para que vaiades reservando datas para todas as temáticas que vos interesen.
Febreiro 2014
- Temática:
Ferramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade
. - Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
- Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada, s/n – 36630 – Cambados, Pontevedra.
- Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
- Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
- Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización
a escote
para quen queira participar. - Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de
TADEGA
), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta dePor Dereito
), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade).
Marzo 2014
- Temática:
Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com
Ver documento previo: Documento PDF. - Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
- Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña. Ver este enlace no Google Maps. Na foto vese á esquerda un chalet (o antigo local do FOLTRA, aí está o local) nesa mesma rúa está a Cafetería BETOS poderiamos quedar ali ás 9,45 do sábado para empezar ás 10,00 con todo listo e preparado. É importante comezar puntuais.
- Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
- Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
- Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización
a escote
para quen queira participar. - Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña.
- Notas adicionais de interese: haberá conexión wifi polo que resultará interesante vir cun portátil ou cun tablet para que o obradoiro sexa realmente práctico.
Abril 2014
- Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga.
As tablets na educación e na atención á diversidade
. - Cando: Tarde do 25 (venres) e mañá do 26 (sábado) según programa.
- Onde: Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña en Rúa Pepín Rivero, 3 (Edificio UNED) da Coruña.
- Programa e inscrición: Actividade organizada por Aspronaga e na que TADEGa participa como colaboradora. Toda a información, inscrición incluída, está na web http://goo.gl/rJZ2Xw
- Características: Co relatorio de Pere Marqués no ámbito do proxecto de investigación desenvolto, mesas redondas e obradoiros prácticos.
Maio 2014
- Temática: Uso e personalización deferramentas ACCEGAL (Pictodroid, MesageTTS, VisualTEC, SubTitleMe, MyKeyboDroid, etc.)
- Cando: 10 de maio, (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
- Onde: Instalacións do MUPEGA, Santiago de Compostela.
- Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
- Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
- Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización
a escote
para quen queira participar. - Características: A cargo de Fátima Mª García Doval e o equipo de ACCEGAL.
Xuño 2014
- Temática: Cea-coloquio de fin de curso:
Verdades e mentiras da inclusión
. - Cando: un venres 6 de xuño en sesión de tarde.
- Onde: IES “Lucus Augusti” de Lugo.
- Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
- Prezos: Fixarase en breve o prezo (módico) que incluirá os gastos de documentación e prezo de cuberto da cea.
- Características: Preténdese coa temática
Verdades e mentiras da Inclusión
un debate sen asperezas pero tamén sen rodeos sobre a inclusión e, por extensión, a inclusión dixital. Pretendemos ademais non quedarnos só nos lamentos, senón chegar a conslusións prácticas de cara ao futuro; sendo este acto o noso borche de fin de curso da asociación.
Formularios de inscrición
Agás para o caso das xornadas de abril de Aspronaga, para o resto das actividades programadas a inscrición faise no seguinte formulario:

Asemblea de Socias e Socios
0Convocatoria
Convócase ás persoas socias da Asociación TADEGa, á Asemblea que terá lugar no local do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Praza de Curros Enriquez, s/n 36002 – Pontevedra, o vindeiro Sábado 30 de Novembro de 10:00 a 14:00 h, de acordo á seguinte Orde do Día:
Orde do día
-
Lectura e Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
-
Avaliación do III Congreso TADEGa 2013.
- Estado de contas e orzamento 2014
- Liñas e obxectivos de traballo.
-
Informacion sobre diversos asuntos.
- Rogos e preguntas.