Arasaac

Foto da carta asinada por TADEGA co apoio á candidatura de ARASAAC

Carta de apoio candidatura ARASAAC

0

Carta de apoio á candidatura aos Premios Príncipe de Asturias do
Portal Aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa –ARASAAC-

 

Ista é a nosa pequena achega aos compañeiros de ARASAAC. Son un exemplo de superación e esforzo en prol dos dereitos das persoas con diversidade funcional. Non podemos esquecer que son a voz de millóns de persoas e unha ferramenta que evoluciona diariamente gracias á colaboración de persoas de todo o mundo, unidos baixo a mesma Lingua.

Foto da carta asinada por TADEGA co apoio á candidatura de ARASAAC

Foto da carta asinada por TADEGA co apoio á candidatura de ARASAAC

 

Gracias a iniciativas como ista, dispoñemos tamén co noso apoio, de todo o banco de pictogramas e imaxes ARASAAC en Galego porén do resto de accións en galego no Portal e todo distribuíndose de xeito libre baixo licencia Creative Commons (BY-NC-SA)

 

Parabéns

Se pertences a un colectivo ou Asociación, dende TADEGa convidámosvos a que do mesmo xeito valoredes dar o voso apoio á candidatura ARASAAC asinando o presente documento. Carta de APOYO

cartel jornadas por dereito

Xornada Por Dereito

1

I Xornada Por Dereito

Cartel Jornadas por dereito

Temos o pracer de comunicarvos que Por Dereito vai celebrar as súa primeira xornada co título “Ferramentas para a Inclusión” co apoio inestimable do Concello da Illa e a Plataforma Inclusión TEA Sí.
O obxectivo é precisamente dar a coñecer ferramentas útiles para a inclusión real e efectiva das persoas con TEA e outras diversidades en tódolos ámbitos da vida: educativo, social e laboral.

Aquí vos deixamos o cartaz da Xornada e o tríptico

Ligazóns

Diptico jornada

Formulario de Inscrición

http://www.pordereito.blogspot.com/

arasaac

ARASAAC en Galego

0

arasaac

Arasaac en galego

Grazas ao extraordinario traballo realizado por un grupo de TADEGa coordinados por María Blanco (grazas 🙂 ) xa está disponible gran parte do dicionario de ARASAAC traducido a Galego.

Iso supón que podemos aceder ás traducións nas búsquedas (a través do buscador de suxerencias que hai na páxina inicial e na de catálogos), nos resultados destas, nas fichas dos pictogramas nas diferentes ferramentas.

En breve prepararan paquetes de descarga cos pictogramas en Galego.

Ligazón á nova na páxina de ARASAAC

Ir arriba