Anécdotas

Situacións de aula ou da vida real que merecen un comentario, unha reflexión, unha chamada de atención.

II Xornadas sobre o TDAH

1

Representación simbólica dun neno con TDAH.[D-202]

II Xornadas formativas ANHIDA sobre hiperactividade e déficit de atención

Nota: Asociación ANHIDA (Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención).

Organizadas pola Asociación ANHIDA (anhida.org), estas xornadas céntranse no TDAH (Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade) e terán lugar os días 9 e 10 de novembro na cidade de Vigo.

Obradoiros:

  • O neno con TDAH no seu contorno familiar
  • O neno con TDAH no contorno educativo

Enlace ao tríptico das Xornadas sobre Hiperactividade

Discriminación na rede?

0

Estou máis que farto co tema da seguridade; para escribir un comentario nun blog, código de seguridade; para escribir unha anotación nunha wiki, código de seguridade; para descargar un programa, código de seguridade… Sabedes de que vos falo?, desas letras que aparecen distorsionadas e que temos que reproducir para que as mencionadas plataformas diferencien que somos seres humanos e non máquinas (método CAPTCHA).

Pois segregan e discriman a rede, non hay dereito! 🙂

Comic de Robots[D-191]
Meu deus se a U.S Robots & Mechanical Men Inc. levantara a cabeza!

Pero, ¿Que é un blog?

0

Da man do compañeiro Joan Planas temos respotas varias a unha sinxela pregunta:
Pero… que diaños é un blog?

[D-160]

Mmmm…seguro que as “interviews” en Galicia serían moi diferentes non si?

Vagabundo Dixital

3

'wifibeach' ou inalámbrica na praia.[D-159] Pois si, de roteiros polo mediterráneo, de aquí para acolá decateime de que non podo vivir sen conectarme, alomenos un pouquiño cada día, asi que alí onde estaba facía un barrido da zona e “bingo“, algun “fonero” caritativo deixábame “chucharlle” o seu ancho de banda; caridade en forma de bits!!! 🙂

Wifi en todas as partes, no coche, na rúa, nun bar, na praia,…contáronme que nun barco tamén existía, así que en caso de afundir sempre poderías mandar unha mensaxe aínda que non sexa nunha botella.
Se queredes vola canto:

[kml_flashembed movie="http://static.boomp3.com/player.swf?id=6c748cf20285" width="200" height="20" wmode="transparent" /]

Ata onde chegaremos!!!.
Aínda que o máis sorprendente non é iso, falando, falando nesas noites longas estivais decatábame de que aínda así estamos “enganchados” por “cordóns umbilicais” eléctricos, “aínda dependemos de cables para nutrir os nosos aparatos?”, dixen. “Pois coido que xa non”, respondéronme, a electricidade sen cables xa chegou !!!!
Increíble!!!

Ir arriba