Android

Fotografía de Susana Lamela... un tempo atrás.

Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles”

0
Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Non hai entradas!

Con Susana Lamela e Ana Mariño

A verdade é que non contabamos cun éxito así; en apenas 3 días tivemos que pechar o formulario de solicitudes por encher o aforo deste centro que nos acolle.

Sentimos as molestias que lle podamos causar as persoas interesadas en participar e que non se anotaran antes.

Comprometémonos a deseñar estratexias operativas para repetir este obradoiro noutra ocasión antes de rematar o ano, previsiblemente para o vindeiro congreso TADEGa a se celebrar no derradeiro trimestre de 2015 e do que non tardaremos en darvos magníficas novas.

Algúns traballos compartidos

Queremos agradecer especialmente a Susana Lamela e a Ana Mariño, a súa xentileza por tan magnífico obradoiro e tamén por compartir o seu traballo. Deixamos aquí tamén a magnífica presentación que nos serviu de guía para o traballo do obradoiro.

 


From Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con d. Posted by Tadega Net on 4/14/2015 (10 items)

Generated by Facebook Photo Fetcher 2


Susana Lamela @sonhosdeandel http://sonmago.blogspot.com.es/

Ana Mariño @MestraPrimaria http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/

Libro: "Andeis baleiros" de Susana Lamela.

Portada do libro: “Andeis baleiros” de Susana Lamela.

Susana Lamela

Fai agora un ano, no mes de marzo de 2014, nas xornadas Escol@tic.2014, tivemos a ocasión de coñecela. Presentaba unha experiencia coñecida como O mago unha experiencia de traballo colaborativo con tablets. Naquela ocasión gustounos e moito. Unha compañeira de infantil desenvolvendo experiencias creativas, innovadoras, de calidade. Agora quixemos que nos viñese a contar as súas experiencias, que son numerosas, plurais e enriquecedoras.

Temos con nós, unha profe de a pé que traballa a cotío cos cativos de infantil, unha incansable entusiasta da tecnoloxía dixital como ferramenta a usar no seu desempeño diario, unha bloguera incasable que non cesa no seu empeño, e unha autora de libros recoñecidos por todos e todas. E ademais aquí, na súa terra natal de Pontevedra. E nós que andamos na procura de ferramentais dixitais que nos axuden no noso día a día educativo, ben que haberemos de atopar auga para esta sede.

Só por abrir boca, vaian aquí unhas palabras que a crítica fai sobre un dos seus libros:

Andeis baleiros aliméntase do mesmo territorio imaxinativo no que enraizara a súa anterior entrega: protagonismo infantil e marabilloso didáctico nunha trama na que os propios libros, as bibliotecas e o exercicio da lectura fían unha rede de relacións sorprendentes e moi entretidas.

O obradoiro

  • Temática: “Obradoiro para traballar os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles”
  • Cando: 11 de abril (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: CEIP de Vilaverde – Mourente en Vilaverde, 9 – Mourente – (36164) Pontevedra.  Google Maps
  • Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
  • Prezos: 5 € agás para o profesorado deste centro que xentilmente nos cede as súas instalacións.
  • Importante: Por favor, cada asistente que traia o seu tablet da casa para facer as prácticas. A organización tentará levar algúns para repartir pero non chegaría para repartir a todas as persoas asistentes. Por outra banda, non sabemos como vai tolerar o sistema wifi unha conexión simultánea a tantas tablets, agardemos que nos funcione.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: Susana lamela, bloguera de As nosas letras, O mago, Remedios TIC, Olla polo buratiño, Andel, Senticolor, e autora de libros como Andeis baleiros ou Soños de andel.

As Tablets no Ensino e na Diversidade

0

Os pasados 25 e 26 de Abril estivemos na Coruña dentro das II Xornadas “As Tablets no Ensino e na Diversidade”, organizadas polo CEE Ntra Sra de Lourdes ASPRONAGA e o CFR de A Coruña. A participacion foi moi numerosa e agardamos que os materiais sexan do voso interese

Grazas a todas e todos polo voso apoio.

 

FONDO_INAUGURACION

Enlace aos materiais dos Obradoiros

Error 100: Your album id doesn’t appear to be accessible.
 Ligazóns:

Obradoiros Xornada Tablets (PDF)

Ligazón aos Materiais

tablets

Proxecto DIVERTIC-TADEGA

0

“Uso de dispositivos de alta portabilidad para el acceso a la comunicación y autonomía personal”

Participan no proxecto 4 centros galegos e 4 centros da Rexión de Murcia cun total de 60 mestres participantes.

Con iste proxecto pretendemos garantir que aqueles alumnos que presentan necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente nas áreas de comunicación e linguaxe e de autonomía persoal, podan a través das TIC aceder ao currículum, con independencia da etapa na que se atopen.

tablets

Nista primeira reunion mestres dos catro Centros galegos, tivemos unha xuntanza no CEE Navalón en Santiago no que lanzamos o proxecto, entregamos os tablets Android para os centros e participamos na primeira sesion formativa sobre Pictodroid e Pictodroid Lite.

Grazas a todas e todos 😉

Ir arriba