Accesibilidade

Artigos que mencionan directa ou indirectamente a accesibilidade web aportando diferentes puntos de vista ou formación.

TADEGa.net, premio EGANET 2007

2

[D]

Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.orgwww.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade.

Os nervos de Antonio e meus eran moitos aínda que o premio deixounos descolocados pois non contabamos con que os ollos dos grandes caeran sobre iste novo grupo tan cheo de ilusións por facer da simbiose entre as TIC e a atención á diversidade un mundo de ferramentas fecundas para todos.

Sexa como fose, a responsabilidade que gañamos co premio tamén é importante e o reto que se nos achega tomámolo con novo pulo.

Antes de rematar esta boa nova, quería dar os lóxicos agradecementos ás moitas persoas que están detrás de todos estes esforzos:

  • A Abraham, o cacharreiro tecnolóxico maior desta bitácora e con quen comparto case que a diario o peso de ter a web ao día.
  • A Antonio polos seus desvelos e suxestións, compañeiro de fatigas de TADEGa. Nos seus miolos estivo a idea primixenia deste grupo.
  • Aos magníficos compañeiros e amigos do TecnoNEEt, inspiradores maiores da semente de TADEGa, e da urxencia da accesibilidade web, non como un ornamento artístico, senón como a única resposta posible á dignidade das persoas con discapacidade. E, dun xeito especial, aos grandes amigos con maiúsculas Javier, Manolo, Emilio… e sen deixar atrás a ningún dos grandes deste equipo: Domingo, Mª Dolores, Mª José…
  • A todas e todos os membros de TADEGa para quen se constrúe todo isto.
  • A Marisa e María arquitectas maiores dunha vida ilusionada e ilusionante por un mundo con máis vida para todos.

Regular a accesibilidade de persoas xordas

0

Vía (DiarioSigno.com) atópamonos esta nova moi interesante sobre a accesibilidade das persoas xordas e as Novas Tecnoloxías e a súa regulación nos EEUU. Parece que unha coalición de organizacións para as tecnoloxías accesibles (COAT) composta por 45 organizacións promoverá accións e aprobará regulamentos lexislativos que den garantías sobor da accesibilidade da rede e dos medios dixitais.

A rede, os dvds, os videoxogos, a tv, a VOIP…todo parece ter cabida nesta iniciativa. ¿Seguimos apuntando? Aínda que o seguinte vídeo explicativo de YouTube está en Inglés coido que pillaremos algo 😉 [D]

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SDJt-dp--Oo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

TADEGa nos premios Eganet

0

[D]

TADEGa.net está inscrita como participante nos premios Eganet (www.eganet.orgwww.premioseganet.com). Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca os Premios EGANET, continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. A nosa candidatura quedou rexistrada na categoría de “Premio Tecnoloxía Accesible” ¿Quen sabe? Ao mellor …

A rede e a súa Accesibilidade

0

¿Tomamos nota?
[D]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/CVs7WpIWoJI" width="425" height="350" wmode="transparent" longdesc="https://tadega.net/Bitacora/?page_id=74#accesibilidad" /]

Ir arriba