A. Lexislación

Lexislación sobre accesibilidade web.

Cartaz anunciador do IV Congreso TADEGa.

Inscrición bonificada ata o 22 de novembro

0

Non esquezas a túa cita!!

22 Novembro 2015

  • Queres coñecer como empregar os procesos de Gamificacion na aula?
  • Aplicas as novedades da Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía?
  • No obradoiro de tablets, descubrirás as metodoloxías mais axeitadas
  • Queres unha impresora 3D para a túa aula? Participa niste sinxelo concurso
  • Apetéceche montar na práctica un robot para a aula?
  • E MOITAS MÁIS SORPRESAS…

Lembra que a partir deste día a inscrición no IV CONGRESO TADEGA, increméntase en 15 € https://goo.gl/N6MXYS

10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos

0

10 de decembro de 2010

Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo

Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas.

Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net

Dende a asociación TADEGa enviouse unha proposta a todos os centros do ensino galego: que o día 10 de decembro amosen nas súas aulas o conto: Xandre, o elefante sen sombra. Un conto adaptado, accesible e usable, para espertar en cada un de nós a necesidade da presencia de todas as persoas con ou sen discapacidades. Unha inclusión natural, un xeito de convivir, de ser e de estar.

O conto, como sabedes, está nesta web de Xandre (e dentro del, ver menú principal O conto) así como as actividades, e incluso algún engadido máis (audios, vídeos, textos e debuxos para imprimir, etc.) Tamén se pode mercar a pulseira USB co conto xa grabado á que tamén se pode acceder dende o menú principal desta web.

No caso de querer visualizarse directamente, recoméndase que uns días antes se probe nos mesmos ordenadores para deixar descargado todo o material previamente evitando así conxestións no ancho de banda cando todos os centros se conectasen á vez.

Igual con tanto éxito tirades coa nosa web abaixo, estaría ben, pero faremos canto estea na nosa man para evitar todos os trastornos que podamos.

Graciñas por ser e por estar.

Alegoría da inclusón educativa cara aos seus destinatarios máis inmediatos.

PNL sobre a Educación Inclusiva no parlamento Galego

4
Alegoría da inclusión educativa cara aos seus destinatarios máis inmediatos.

Pé de medio (e descrición alternativa): Alegoría da inclusión educativa cara aos seus destinatarios máis inmediatos. Un grupo de nenos e nenas dunha aula miran sorrinte cara a nós ato tempo que teñen debuxado con xiz a palabra 'Gracias'.

Unha PNL (Proposición non de Lei) sobre a Educación Inclusiva no parlamento Galego

Este martes pasado 23 de novembro, ás 21.30 horas aprobouse unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia co seguinte encabezamento: Medidas para promover un sistema de educación inclusiva en Galicia para os alumnos con discapacidade en todos os niveis educativos. Foi presentada polo portavoz de educación do Partido Popular, Román Rodríguez, quen explicou o seu principal contido:

  1. Promover a detección temperá das necesidades específicas de apoio educativo, particularmente as asociadas á discapacidade, para iniciar o antes posible as medidas de atención educativa mais axeitadas.
  2. Desenvolver as accións de formación do profesorado que proceda para poder realizar unha atención educativa de calidade sobre os alumnos con necesidades educativas especiais. Os responsables da orientación educativa nos centros e os da inspección educativa deberán, así mesmo dispor dunha oferta formativa coa mesma finalidade.
  3. Promover a cooperación das organizacións representativas das familias de alumnos con necesidades educativas especificas para desenvolver a mellor atención educativa de estes.
  4. Favorecer a participación dos alumnos con necesidades educativas específicas nos programas educativos que se desenvolvan nos centros, tales como ABALAR e PROA, entre outros.
  5. Desenvolver as actuacións necesarias para que a escolarización dos alumnos con necesidades educativas específicas se rexa polos principios de inclusión, promovendo a colaboración con outras administracións ou entidades públicas ou privadas sen animo de lucro, así como de institucións ou asociacións.
  6. Promover a dotación de recursos aos centros que escolarizan alumnos con necesidades educativas específicas para atender axeitadamente a este alumnado.

(Este non é o texto definitivo pois hai que engadir as emendas).

A proposta foi aprobada por unanimidade con algunhas emendas do Bloque Nacionalista Galego, que fixo fincapé na detección precoz na etapa de 0 a 3 anos, a comarcalización do os EOE e unha dura crítica ao Partido Popular polos recortes que está sufrindo o profesorado de apoio.

O Partido Socialista, pola súa banda, tamén apoia a proposta aínda que indica que o que fai falta é un Plan de Educación Inclusiva e critica ao Partido Popular por estar a facer até agora o contrario do que recolle esta proposta.

De onde xorde esta PNL?

Cando a Plataforma España Inclusión estivo no Parlamento Español por causa do tristemente fracasado Pacto Educativo recibimos do Partido Popular de Madrid a promesa de que as nosas demandas serían recollidas nunha PNL en Madrid. Ao pouco recibimos correos informándonos de que esa proposta saíra adiante por unanimidade na capital de España. Decidimos pois que sería bo trasladala ás distintas comunidades, polo menos ás que tiñamos ao noso alcance. Esther Cadrado e eu como representantes da Plataforma e Por Dereito puxémonos en contacto con deputados galegos que nos apoiasen e eles á súa vez buscaron o apoio doutras asociacións proinclusivas como Síndrome de Down e Cermi Galicia. Tras varias reunións este foi o resultado. Tiveron ademais a deferencia de convidarnos a asistir de oíntes ao debate desta PNL polo que alí estivemos a compartir o momento con outras mamis doutras asociacións. Ás mamis e papis enchíansenos os ollos de bágoas por momentos.

Sabemos que isto non é máis que un gran de area máis pero moi necesario para seguir avanzando. Ademais que se debata e se fale da Educación Inclusiva nun foro destas magnitudes dá enerxías para seguir avanzando nas nosas loitas pois aínda estamos ao principio dun longo camiño.

Unha reflexión que deberiamos facernos

Se só catro nais fieras de nenos con diversidade funcional fomos as impulsoras da modificación da redacción dun Pacto Educativo de Estado e conseguir que se presente unha PNL sobre Educación Inclusiva en Madrid e outra en Galicia, Que poderiamos conseguir se todos e todas os que queremos unha educación inclusiva de verdade e de calidade no noso país nos fundíramos nun único berro? Alguén se preguntou isto?

Enlaces de Interese

Bla, bla, bla...

O pacto educativo

0

A plataforma

Un grupo de nais e pais de nenos e nenas con diversidade funcional estamos creando unha plataforma pola Inclusión a nivel nacional. A idea da plataforma xurde polo abandono ao que están sometidos os nosos fillos e fillas en tódolos eidos da política do noso país.

A primeira acción desta plataforma é reclamarlle a tódalas administracións do territorio español unha educación inclusiva de calidade. Vemos que os nosos fillos son novamente excluídos á hora da redacción do Pacto Educativo. Non se nomea para nada ningunha actuación que contemple as necesidades que sabemos que se deben cubrir. Os nove puntos deste pacto que pregoan os políticos son:

Bla, bla, bla...

Pé de media (e descrición alternativa): debuxo alegórico titulado como -Bla, bla, bla...- ao debuxarse a palabra -bla- chea de pelos, con patas é as a modo de mosca, e en referencia a outro pacto educativo máis que non é capaz de nacer con bo pé.

O mal pacto educativo que se está a formar

  • Cultura do esforzo. Propiciala, así como a esixencia e unha política de calidade sostida no coñecemento, as competencias e os valores.
  • Impulso das bolsas. Recoñecer os logros da universalización da educación e garantir unha política de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades.
  • Flexibilidade. Facer o sistema moito máis flexible e máis integral, que relacione as etapas educativas.
  • Un ensino máis individualizado.
  • Fracaso e abandono. Loitar contra estes dous problemas. Incidir nas causas e propostas e facer innovacións en medidas educativas e sociais.
  • Escolarización temperá. Harmonizar o sentido e as condicións da etapa de tres a seis anos para loitar contra o fracaso.
  • FP integral. Lograr cualificacións máis específicas e vinculadas ás demandas sociais e que os centros estean vinculados ao desenvolvemento dos territorios.
  • Modernización. Promover a aprendizaxe a través das novas tecnoloxías e potenciar o de idiomas.
  • Universidade internacional. Promover a agregación e a excelencia e definir un modelo de financiamento para ela.
  • Profesorado. Apoiar a figura do profesor, a súa formación permanente, dotarlle de recursos e promover a carreira docente.

Como contestación a isto temos un blog para recoller firmas e con modelos de cartas para enviar ás forzas políticas e a institucións que teñen na súa man que se reforme este pacto educativo.

O que nós demandamos para os nenos e nenas con diversidade funcional é que que a totalidade dos Centros Educativos teñan asegurada a accesibilidade en xeral:

  • A física: Adecuación de contornas físicas utilizables para todos.
  • Axudantes Técnicos Educativos que asuman: o apoio nas distintas actividades básicas da vida diaria dos nenos como ir ao baño, apoio en comedor, cambio de roupa para actividades deportivas, desprazamento e apoio na aplicación na aula das actividades programadas para o alumnado, así como en excursións, no recreo e calquera actividade extraescolar.
  • Incorporación das TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación) ás aulas, asegurando a accesibilidade aos nenos con diversidade funcional cos apoios que requiran tanto de hardware como de software.
  • A incorporación de profesionais cualificados para nenos con necesidades especificas que necesiten atención especializada, independentemente de que a súa diversidade sexa física, sensorial ou intelectual.
  • Formación para todo o profesorado en diversidade funcional, e atención ás necesidades educativas especiais, así como en Educación Inclusiva como recolle o Artigo 8 da Convención, Toma de conciencia. Non é admisible nin legal que España, ratificando no ano 2008 a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, non poña ao dia a súa política educativa segundo a normativa desta Convención. Non estamos dispostos a admitir máis discriminación por motivo de discapacidade; son os centros e o sistema educativo quen deben cambiar, non os nosos fillos. Os nenos con diversidade funcional teñen que ter todos os recursos necesarios para poder despregar todo o seu potencial, xa que o sistema educativo debe ser unha ferramenta ao servizo da educación de TODOS os cidadáns.

RECTIFICACIÓN Y EDICIÓN POSTERIOR:

Ayer, 28 de enero se ha hecho público el borrador de trabajo de la Conferencia Sectorial de Educación, a partir del cual se sigue trabajando para llegar a un Pacto Social y Político por la Educación. Con emoción, hemos comprobado que EXISTIMOS, nuestros hijos existen, y que merecen la pena los esfuerzos de cada uno de nosotros, merece la pena apostar por la VISIBILIDAD, y por los DERECHOS HUMANOS DE NUESTROS HIJOS. En el borrador…que ayer se ha presentado aparece un décimo punto, nuestro décimo punto.

10- Fomentar la educación inclusiva, el reconocimiento de la diversidad y la interculturalidad, y procurar los medios y recursos adecuados para garantizar la plena incorporación e integración, en condiciones de igualdad de oportunidades, de los estudiantes con necesidades específicas de apoyo educativo.

Estamos trabajando muy duro, para que nuestras propuestas, las propuestas de todos, lleguen a los agentes firmantes del pacto.

Pronto podremos publicar un documento en el que estamos trabajando que desarrolla los principios esbozados en la carta dispuesta para su firma, y que puede resumirse en algo tan simple como que queremos una educación digna y en igualdad de oportunidades para los niños españoles con diversidad funcional.

Este es el primer paso, tenemos que seguir. Porque juntos po-de-mos, a la vista está, os seguimos pidiendo firmas, difusión y que pidáis la implicación de asociaciones, entidades, sindicatos, organizaciones de vuestro entorno.

Gracias desde el corazón y con el corazón por cada una de las 4072 firmas que hay cuando escribimos estas líneas. Gracias a todos los que nos han escrito para además de firmar, dejar constancia de su apoyo expreso.

Gracias a todas las personas que gestión a gestión están haciendo que entre todos consigamos siempre ser visibles.

Enlaces que se citan

Ir arriba