A. Formación

Formación técnica que se precisa para saber de accesibilidade web.

Formación TADEGa. Obradoiros.

Programa obradoiros TADEGa 13/14

1
Pero, en que quedamos?

Fotografía que fala de conflictos (neste caso de sinais de tráfico). Pero, en qué quedamos?

Actualizado o 6/3/2014

Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións.

Pero… En que quedamos?

Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos.

Na esencia así é a idea coa que xermolaron estes obradoiros polos que se preguntou despois do noso III Congreso do pasado novembro.

E aquí estamos amosándovos a programación que temos para todo o curso e para que vaiades reservando datas para todas as temáticas que vos interesen.

Febreiro 2014

Pictograma de asemblea.

  • TemáticaFerramentas para a comunicación alternativa de persoas con diversidade.
  • Cando: 22 de febreiro (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: Salón de actos de Exposalnés, Paseo de la Calzada,  s/n – 36630 – Cambados, Pontevedra.
  • Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
  • Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: Juan J. Fdez. García (Presidente de TADEGA), Mª Cruz da Silva Rubio, (Mestra e presidenta de Por Dereito), Carmen Fernández Cacho (mestra), Mª Carmen Otero Vázquez (nai dun neno con diversidade), Susana Martínez Fieiro (nai dun neno con diversidade).

Marzo 2014

Logotipo de Pictoaplicaciones.com

  • Temática: Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com Ver documento previo: Documento PDF.
  • Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña. Ver este enlace no Google Maps. Na foto vese á esquerda un chalet (o antigo local do FOLTRA, aí está o local) nesa mesma rúa está a Cafetería BETOS poderiamos quedar ali ás 9,45 do sábado para empezar ás 10,00 con todo listo e preparado. É importante comezar puntuais.
  • Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
  • Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña.
  • Notas adicionais de interese: haberá conexión wifi polo que resultará interesante vir cun portátil ou cun tablet para que o obradoiro sexa realmente práctico.

Abril 2014

Logotipo de Aspronaga.

  • Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na educación e na atención á diversidade.
  • Cando: Tarde do 25 (venres) e mañá do 26 (sábado) según programa.
  • Onde: Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña en Rúa Pepín Rivero, 3 (Edificio UNED) da Coruña.
  • Programa e inscrición: Actividade organizada por Aspronaga e na que TADEGa participa como colaboradora. Toda a información, inscrición incluída, está na web http://goo.gl/rJZ2Xw
  • Características: Co relatorio de Pere Marqués no ámbito do proxecto de investigación desenvolto, mesas redondas e obradoiros prácticos.

Maio 2014

Pantalla inicial da web de accegal.org

  • Temática: Uso e personalización deferramentas ACCEGAL (Pictodroid, MesageTTS, VisualTEC, SubTitleMe, MyKeyboDroid, etc.)
  • Cando: 10 de maio, (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: Instalacións do MUPEGA, Santiago de Compostela.
  • Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
  • Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: A cargo de Fátima Mª García Doval e o equipo de ACCEGAL.

Xuño 2014

Nena cega falando ao mundo.

  • Temática: Cea-coloquio de fin de curso: Verdades e mentiras da inclusión.
  • Cando: un venres 6 de xuño en sesión de tarde.
  • Onde: IES “Lucus Augusti” de Lugo.
  • Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
  • Prezos: Fixarase en breve o prezo (módico) que incluirá os gastos de documentación e prezo de cuberto da cea.
  • Características: Preténdese coa temática Verdades e mentiras da Inclusión un debate sen asperezas pero tamén sen rodeos sobre a inclusión e, por extensión, a inclusión dixital. Pretendemos ademais non quedarnos só nos lamentos, senón chegar a conslusións prácticas de cara ao futuro; sendo este acto o noso borche de fin de curso da asociación.

Formularios de inscrición

Agás para o caso das xornadas de abril de Aspronaga, para o resto das actividades programadas a inscrición faise no seguinte formulario:

Formación TADEGa. Obradoiros.

Obradoiros 2014

0

formacionDespois do congreso de TADEGa seguimos traballando na formación, nesta ocasión co obxectivo de ofrecerche varios obradoiros para o ano 2014.

E para isto necesitamos da túa opinión. Queremos coñecer os teus intereses: temáticas, lugares de celebración, tempo… E se che gustaría coordinar algún dos obradoiros ou mesmo impartilo ti!

Por iso temos aquí un formulario que nos axudará a recoller toda esa información e comezar a programación de actividades. Entra no seguinte enlace e participa!

http://tadega.net/?page_id=3432

Para calquera dúbida ou suxerencia podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico contactar@tadega.net

Atentamente,

Xunta Directiva da Asociación TADEGa.

Proxecto Fala Signada

0
O Proxecto no que participaron 3 Centros Galegos coordinados por TADEGa e 3 Centros da Comunidade de Murcia “O SISTEMA DE COMUNICACION TOTAL FALA-SIGNADA NA PRACTÍCA DOCENTE” gracias á Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade (DIVERTIC); xa ten operativa a web e a aplicación que se deseñou para acceder a todos os materiaisHablasignada: Sistema de Comunicación Total na práctica docente
Habla Signada
Este proxecto desenvolve a incidencia e repercusiones das TIC como recurso educativo para favorecer a resposta educativa ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais de carácter grave e permanente no área de comunicación e linguaxe.
O obxectivo principal é o desenvolvemento dun banco de recursos ao servizo da Comunicación Aumentativa, e en concreto do Sistema de Comunicación Total de Benson Schaeffer, no noso caso con todos os contidos, locucions e vídeos en Galego
A web e os materiais posúe unha licenza Creative Commons 3.0 polo que é de libre acceso e descarga.
Queremos felicitar a todos polo traballo, especialmente á Asociación DIVERTIC e a todos os Centros que artellaron ista ferramenta:
CCEE El Buen Pastor. Cieza, Murcia
CPEE Las Boqueras, Murcia
CPEE Stmo. Cristo da Misericordia, MurciaCEIP Seis do Nadal, Vigo
CEIP Principe Felipe, Pontevedra
CCEE Ntra Sra Lourdes, A Coruña 

Ligazóns:

http://hablasignada.divertic.org

http://falasignada.divertic.org 

 

Anagrama das actividades para o curso 2013/14

Así foi o III Congreso TADEGa

0

Ademais de agradecervos a todas e todos os que fixechedes posible coa vosa asistencia iste III Congreso, xa tedes á vosa disposición a páxina de DOCUMENTACION dos relatorios e obradoiros e tamén algunhas fotos:

Error 100: Your album id doesn’t appear to be accessible.

Ir arriba