susana

susana

(0 comentarios, 5 entradas)

Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil

Entradas de susana
Formación TADEGa. Obradoiros.

Obradoiros 2014

0

formacionDespois do congreso de TADEGa seguimos traballando na formación, nesta ocasión co obxectivo de ofrecerche varios obradoiros para o ano 2014.

E para isto necesitamos da túa opinión. Queremos coñecer os teus intereses: temáticas, lugares de celebración, tempo… E se che gustaría coordinar algún dos obradoiros ou mesmo impartilo ti!

Por iso temos aquí un formulario que nos axudará a recoller toda esa información e comezar a programación de actividades. Entra no seguinte enlace e participa!

http://tadega.net/?page_id=3432

Para calquera dúbida ou suxerencia podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico contactar@tadega.net

Atentamente,

Xunta Directiva da Asociación TADEGa.

nube de palabras

Unha historia con nomes

0

Noites sen días

nube de palabras

Imaxe dunha nube de palabras da lectura "Noites sen días" do relatorio de Soutomaior, percíbense un feixe de palabras en branco e negro e disposicion horizontal nas que destacan ademais dos nomes propios: NON, TEMPO, CONTRA, ESCOLA, MENTRES, PERO...

O pasado 10 de Marzo no segundo obradoiro organizado polo Concello de Soutomaior, MªLuz López e Susana Fernandez abordaron dende unha perspectiva de a pé, a configuración de taboleiros de comunicación asi como experiencias de usuario de emprego de comunicadores e demais aspectos relacionados coa recompilación de imaxes pictográficas para a comunicación:

Outras ligazóns

http://www.slideshare.net/zuzi1983/saac-12083799

Dereitos das socias e socios

0

Para dar resposta a preguntas de moitas e moitos de vos, preparamos unha guía sinxela de preguntas frecuentes que irá medrando con aquelas cuestions ou propostas que nos sigades facendo.

 

 

Benvidas e benvidos

Documento pdf das preguntas frecuentes

Podes deixar as túas propostas ou dúbidas nos comentarios

guia

Comunicación Aumentativa

0

Comunicación Aumentativa y Alternativa. Guía de referencia

guia

Portada da Guía de Referencia da Comunicación Alternativa e Aumentativa

Autoras: Dolores Abril Abadín, Clara I. Delgado Santos, Ángela Vigara Cerrato. Coordinación: Clara I. Delgado Santos
Madrid: CEAPAT de 2010, 3 ª edición

Este documento é unha guía con información básica sobre os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.

Con esta publicación, o CEAPAT quere salientar a importancia da comunicación na integración social das persoas, e describir os principais produtos de soporte, dispositivos de acceso e modelos alternativos para a representación da linguaxe.

A guía preséntase no actual contexto da nova lei española e internacional, que é o reforzo da presenza destes sistemas para mellorar a participación e inclusión das persoas con necesidades específicas de comunicación.

Ligazón á descarga do documento en pdf

Feed RSS de susana
Ir arriba