Obradoiro: HazAlgoDiferente.es

Obradoiro: HazAlgoDiferente.es

Terapia Breve Centrada en solucións no entorno escolar Fai xa tempo que na xunta directiva andamos implicados en ofertar a persoas socias e amigas diferentes actos, actividades, obrdoiros, e eventos que entendemos podan ser de interese. Continuando con este propósito, hoxe vos traemos esta iniciativa que nos parece do máis interesante. Achegámosvos unha proposta realmente innovadora, un obradoiro que dará que pensar. Da man de HazAlgoDiferente.es ofertamos un obradoiro do

Ler máis

III Xornadas Por Dereito 2014

III Xornadas Por Dereito 2014

Novo curso, novos folgos Ben, xa abonda de vacacións e relaxing… toca porse as pilas. Reanudamos a nosa liña 2014 de obradoiros, xornadas e encontros. Desta volta para anunciarvos as III Xornadas Por Dereito 2014. E isto é o que nos conta a presidenta desta asociación e socia e amiga de TADEGa: A asociación de familias e amigos de persoas con trastorno do espectro austista, Por Dereito, temos organizadas unhas

Ler máis

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

Premio e-Inclusión Estamos de noraboa, a revista Código Cero, o Cluster TIC Galicia, La Voz de Galicia… fanse eco dunha novidade de alto interese para todas e todos nós: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), vén de facer público o recoñecemento a nosa asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión. No seu comunicado do luns 5 de maio

Ler máis

Programa obradoiros TADEGa 13/14

Programa obradoiros TADEGa 13/14

Actualizado o 6/3/2014 Por favor lede con atención os datos referidos a marzo onde se fixeron importantes actualizacións. Pero… En que quedamos? Pois si, moitas veces enferruxados na tarefa diaria e acontece que de cando en vez precisamos axuda, que alguén nos aclare dúbidas, resolver historias sempre aprazadas no tinteiro pero que algún día precisaremos que queden claras. Para iso nada como uns obradoiros prácticos. Na esencia así é a

Ler máis

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013

Presentación Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non

Ler máis

Obradoiro TADEGa: Tablets e dispositivos Android

Obradoiro TADEGa: Tablets e dispositivos Android

Ao fin unha débeda agardada Dende fai tempo que viñamos anunciando obradoiros en congresos, sempre estabamos cerca e sempre retrasando o anuncio. Agora xa non, toca ir amosando o que será o vindeiro curso 2013/14 que arranca este venres (si, venres 5 de xullo) con este estupendo obradoiro dun tema sumamente demandado: o uso das tablets nas aulas, sobre todo dentro do ámbito da atención á diversidade. Aquí vos deixamos

Ler máis

Como ter os nosos navegadores noviños do trinque

Coidando dos nosos equipos A todas e todos nos ten pasado que conforme imos navegando pola rede de Internet, os nosos navegadores van ralentizando o seu rendemento co paso do tempo e apañando cousas que non queremos (barras de ferramentas, páxinas de procuras, páxinas de inicio…) todo porque algún día decidimos descargar un programa que nos vendían gratis con fama impresionante (aínda que non nos dicían que iso tiña o

Ler máis

Xornadas Por Dereito 2013

Xornadas Por Dereito 2013

Ferramentas para a inclusión Temos o pracer de informarvos de que por 2º ano consecutivo a Asociación Por Dereito vai celebrar as xornadas de formación e información de especial interese para as persoas con vínculos ou con interese en afondar no coñecemento do TEA. Este ano serán en Pontevedra no Salón de Actos do Pazo da Cultura o día 25 de maio. Poderemos escoitar a persoas de tanto prestixio no

Ler máis

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

A letra “Sarakanda”. Ao fin realidade!

Toda unha sorpresa Levo dende o 25 de xaneiro de 2009 rastrexando na rede cada certo tempo na procura dun tipo de letra especial chamado Sarakanda. Todo a raíz da publicación nesta mesma web (https://tadega.net/?p=678) do artigo no que se falaba deste tipo de letra especial deseñado para facilitar a lectoescritura no alumnado afectado por dislexia. A letra SARAKANDA Trátase dun tipo de letra deseñado dun xeito moi especial para

Ler máis

XIII Xornadas AGPETAL

XIII Xornadas AGPETAL

Informamos da vindeira celebración das XIII xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profedsorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe) que abordará o tema A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva Estas xornadas terán lugar os días 8, 9 e 10 de novembro de 2012 nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Entre outras intervencións, caben salientar as de 3 magníficas tadeguianas: Susana

Ler máis