Sheriff

Sheriff

(3 comentarios, 111 entradas)

Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil

Jabber/GTalk: cherif

Entradas de Sheriff
Folla de ruta da celebración do décimo aniversario TADEGa.

Notición!

0

(Actualizado a 16 de agosto).

2017 rematará sendo, seguro, un bo ano de viño, quizás, pero unha boa añada de TADEGa seguro. Cumprindo o noso décimo aniversario como asociación (2007-2017) e iso haino que celebrar, nonsí? Imos pois coa axenda de festexos:

Folla de ruta da celebración do décimo aniversario TADEGa.

Folla de ruta da celebración do décimo aniversario TADEGa.

Tomade boa nota. Facede clic na imaxe para vela máis grande e así visualizar o roteiro completo. E para que sexa realmente accesible, aquí a con detalle:

1ª parada: V Congreso TADEGa Décimo aniversario

  • Cando: 20 a 21 de outubro de 2017.
  • Onde: Facultade de Educación da UDC. A Coruña.
  • Estilo: funcional en base a múltiples obradoiros simultáneos.
  • Lema: Destino: inclusión educativa e dixital.
  • Como: mediante inscripción no seguinte [enlace á inscrición do V Congreso TADEGa].

2ª parada: VIII Congreso TecnoNEEt

  • Cando: 30 de novembro a 2 de decembro de 2017.
  • Onde: Murcia.
  • Estilo: Congreso, feria, exposicións, obradoiros, posters, comunicacións…
  • Lema:Tecnoloxía accesible e inclusiva: logros, resistencias e desafíos.
  • Como: mediante inscripción no seguinte [enlace á web do TecnoNEEt].

3ª parada: II Startup Weekend EDU Galicia

  • Cando: 15 a 17 de decembro de 2017.
  • Onde: Santiago de Compostela.
  • Estilo: StartupWeekend en estado puro.
  • Como: mediante inscripción no seguinte [enlace á web do Startup Weekend].

Programa do V Congreso TADEGa 2017 (Provisional)

Venres 20

  • 16.30 a 17.00: Recollida de documentación.
  • 17.00 a 17.15: Benvida e inauguración.
  • 17.15 a 18.30: Obradoiros I
  • 18.30 a 18.45: Descanso.
  • 18.45 a 19.30: Obradoiros II
  • 19.30 a 21.00: Espazo de Networking

Sábado 21

  • 09.30 a 11.30: Obradoiros III.
  • 11.30 a 12.00: Café na zona de Expositores.
  • 12.00 a 14.00: Obradoiros IV.
  • 14.00 a 16.00: Descanso
  • 16.00 a 17.30: Obradoiros V.
  • 17.30 a 18.00: Centros Diverxentes
  • 18.00 a 19.30: Obradoiros VI.
  • 19:45 a 20:15: Presentación de Aulas I+I
  • 20:15: Un contacontos nada normal

Contidos

Contidos do congreso. Mostra provisional.

Mostra dos contidos do congreso e das entidades e servizos implicados. Algúns deles provisionais ou en fase de axustes.

E como mostra do delicatessen que podemos atopar nestes obradoiros…

Susana Lamela (de noviña).
Dalle ao dado

Obradoiro activo-creativo no que desenvolveremos unha tarefa integrada cun produto final en formato dixital. Potenciarase a imaxinación, a creatividade, a coeducación a atención á diversidae… Que che parece?

Susana Lamela

Javier Martín Betanzos (de noviño).
Método CODES:

Como ensinas a ler a un alumno con mobilidade reducida, se non escribe manualmente, e non fala ou a súa fala é inintelixible e sen usar libros de lectura nin cadernos? No obradoiro co de lecto-escritura CODES desenvolveremos dun xeito práctico esta vía. Útil tamén para que calquera alumno se embarque na lecto-escritura de xeito dixital… Interesa?

Javier Martín Betanzos

Manuel Ferrero López del Moral.
Lo normal es ser distinto:

Escritor y narrador de León. Aprendiz de los pardales, hijo de los árboles y hermano de los ríos. Campana tocando al son de los tambores de la tierra y al ritmo de los rayos del sol. Cuenta sus cuentos con vocación de montaña. Como poeta y recitador se afina con las gotas de rocío de la mañana y con el silencio de las estrellas. Su voz mezcla a partes iguales el misterio de la niebla y la claridad de lo sencillo. Toda su vida se resme en una palabra: ¡Oh!… O reino dos mil chanzos Sónache?

Manuel Ferrero López del Moral

Cartaz anunciador da película "Vida".

Imos de estrea: “Vida”

0
Cartaz anunciador da película "Vida".

Cartaz anunciador da película “Vida”.

Estamos moi ilusionados

  • Onde: Auditorio Municipal de Ourense.
  • Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A
  • Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida

Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi probable que ambos proxectos, TADEGa e Vida emprendan unha viaxe conxunta, histórica e mutuamente moi proveitosa.

Sinopse de Vida

Entre finais dos anos 60 e principios do ano 2000, entre o Ourense rural e o Ourense urbano, transcorren as vidas de dúas familias unidas polo destino. Nunha pequena aldea, unha familia humilde prepárase para un gran acontecemento familiar. O destino, as casualidades, as forzas fan dese momento tan esperado un verdadeiro calvario para uns e unha proba de vida para outros. Nun piso, no centro da cidade, a tranquilidade dunha nai vese truncada polo desexo dunha das súas fillas de querer voar soa. Pablo (38 anos) é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena (32 anos) é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. Pablo atoparase cun pasado cheo de ausencias e rancores que o prepararán para un futuro de perdóns e ilusións.

Sinopse de Máis ca Vida

Máis ca Vida recolle dende un enfoque realista e natural todo aquelo que de maneira indirecta contribuíu á creación da curtametraxe Vida. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse estes rapaces e rapazas de cara á rodaxe, en ligazón as súas testemuñas, sentimentos e reflexións. Todo elo cunha narrativa enteiramente positiva, saudábel e moi divertida. Estas experiencias vividas foron as determinantes para o desenvovemento do guión da curtametraxe que relata dunha maneira realista o día a día do mundo que os rodea. Os dous proxectos están estreitamente ligados ofrecendo un novidoso formato que transportará ao espectador a un mundo de emocións no que poderá descubrir que a ficción e a realidade destas dúas obras van collidas pola man.

Enlaces de interese

Enlace á web do proxecto: www.maiscavida.com

Moita merda!

Din que a xente cando desexaba sorte aos amigos que tiñan algo que ver cunha obra lles dicían aquelo de “Moita merda!” E non como sinal de insulto senón como sinal de moito éxito porque, daquela, época na que non se inventaran os coches, a xente trasladábase en cabalo ás representacións das obras, e moita merda de cabalo á porta significaba moito éxito de público. Pois para todo o equipo de “Vida” e “Máis ca vida” xa sabedes: Moita merda!

Posible símbolo de xornal ou novas.

2016 en marcha e materiais do congreso compartidos

0
Posible símbolo de xornal ou novas.

Posible símbolo de xornal ou novas. Extraído da base de https://thenounproject.com a modo de exemplo dunha futura sinalética na que TADEGa está traballando.

 

O curso reanuda o seu roteiro. Os plans para este 2016 recén inaugurado son moitos e do máis interesante. Así que atentos ás novas que pouco a pouco iremos contando por aquí. O símbolo de lectura, xornal, novidades ou como queirades interpretalo ten relación directa con parte disas novidades que iremos contando no seu momento. Pero polo de agora, imos cinguirnos a algo moi solicitado pola xente tadeguiana, especialmente polas persoas que asistiron ao IV Congreso TADEGa, Vigo 2016 que acabamos de clausurar fai poucos días.

Materias e recursos do congreso compartidos

O dito, acabamos de publicar fai uns días a relación de materiais, recursos, e presentacións de todas as persoas que interviron no congreso e que amablemente nos cederon esta documentación, (vos podedes guiar polo menú da nosa web: Encontros > Congresos TADEGa > IV Congreso. Vigo 2015 > Documentación ) ou tamén ir directamente ao seguinte enlace: http://tadega.net/xuntanzas/iv-congreso-tadega-vigo-2015/documentacion15

IV Congreso TADEGa. Vigo 2015.

Congreso… Sorpresa!

0
Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Xa sabedes que a xente de TADEGa somos un tanto particulares (é que xa non sei moi ben como enunciar o termo), imos dicir que somos algo así como xentes fóra de catálogo.

O caso é que vimos ata aquí a anunciarvos novidades do congreso que farán as delicias dos que se inscribiran (estarán encantados), e os que aínda non o fixeron, mesarán as barbas ou apretarán o paso para facelo (ollo que poucos días quedan de bonificación).

Imos ver logo esas novidades.

Noviño do trinque

  • En atención á chegada información de última hora a moitos centros, ampliamos o prazo de bonificación unha semana máis, é dicir ata o domingo 29 de novembro. Bulide!.
  • Sabiades xa que haberá certificación homologada do ministerio e que, a maiores, se certificará a través do noso ISSN as comunicacións e cartaces que se presenten. Pois vos informamos tamén que se homologarán vía Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e OU cuxos trámites xa están en marcha.
  • Cambio de horarios: na xornada do venres, a sesión inaugural, aínda que están os mesmos elementos, presenta cambios no seu horario, mirade con atención.
  • Mirade tamén con atención a lista de persoas admitidas porque no caso de ter solicitada a inscrición, poderedes ver se a vosa solicitude está feita e completa.
  • Fermosa foto de D. Miguel Ángel García Duboy (para os nostálxicos "el piraña") hoxe home impulsor da inclusión.

    Fermosa foto de D. Miguel Ángel García Duboy (Lémbravos algo familiar?) hoxe home impulsor da inclusión.

    D. Miguel Ángel Valero Duboy, Director do CEAPAT e encargado de abrir boca co relatorio inaugural sobre o incluínte e o inclusivo.

  • Tamén grazas a Miguel Ángel García Duboy vos anunciamos a consolidación dun dos obradoiros que aínda tiñamos pendente: o obradoiro do CEAPAT: Adaptación de xoguetes, fabricación de pulsadores, adaptación de ratos e impresión 3D aplicada a produtos de apoio, nada máis e nada menos que levados por Roberto Gaitán Cazorla que xa tivemos a sorte de coñecer no congreso anterior e que tanto éxito tivo.
  • Pois non se vaian amigos, que aínda hai máis… pero volo contamos outro día. 😉
Feed RSS de Sheriff
Ir arriba