Belen GF

Belen GF

(0 comentarios, 4 entradas)

Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil

Entradas de Belen GF

O presentador con ‘Síndrome de Down’

1

Logo da canle de televisión de Extremadura[D-339]

A televisión de Extremadura comezará de contado un programa semanal de media hora de duración para informar sobre o mundo da discapacidade. O programa emitirase os fins de semana e será presentado por unha persoa con síndrome de Down e contará cun debate moderado por unha persoa con parálise cerebral.

(máis…)

Ferramentas didácticas. Fundación Dédalo

0

[D-316]

Tal e como xa adiantabamos noutro artigo desta bitácora, a fundación Dédalo dentro do proxecto “Ferramentas didácticas para a educación de persoas con discapacidade” acaba de publicar na súa web un material pensado para persoas con discapacidade, maiores e outros colectivos que precisan un tratamento específico.

Este material pódese descargar de xeito gratuíto e quere dar resposta a un público en ocasións esquecido pero que require toda a nosa atención e apoio.

  • As ferramentas desenvoltas no primeiro CD divídense en dous bloques de actividades Jclic:
    • O primeiro: “Actividades de linguaxe” conta con exercicios para traballar as letras, sílabas, ordenar palabras e lectura.
    • O segundo bloque conten actividades de observación, atención, secuenciación, numeración e calculo.
  • O segundo CD é unha adaptación do programa “Escoita” orixinal do CREENA , adaptándoo ás recomendacións e suxestións aportadas por expertos no campo das Necesidades Educativas Especiais.

Estas dúas ferramentas pódense baixar para logo copialas nun CD dende o seguinte enderezo:
www.fundaciondedalo.org/archivos…
A primeira tamén está dispoñiible no seguinte enderezo da web:
www.fundaciondedalo.org/HerramDidacticas…

Vocaliza, un programa logopédico

0

Imaxe da interfaz do programa Vocaliza.[D-281]

O enxeñeiro Carlos Vaquero de Zaragoza é o autor dunha aplicación informática, Vocaliza 1.1.0 para Windows, de axuda ás persoas con dificultades na expresión oral. O seu traballo obtuvo o premio ó mellor proxecto fin de carreira 2006. É un programa de software libre que se pode baixar dende a seguinte dirección

Enlace a descarga do programa (11,8 Mb)

Vocaliza axuda a mellorar as patoloxías da fala e aumenta a capacidade de comunicación, ten unha interfaz moi sinxela e non precisa grandes coñecementos informáticos para a súa programación e utilización.

A aplicación consta de dous módulos: Aprendizaxe e xogos. No módulo de aprendizaxe, o programa recoñece a nosa voz e a incorpora á base de datos xenérica. No apartado de xogos existen catro tipos de actividades, pronunciación, adiviñas, frases e evocación, nos que o usuario debe responder coa articulación e pronunciación axeitadas.
Permítenos introducir aquelas palabras ou frases, acompañadas de debuxos, que nos interese traballar cos nosos alumnos. Pódense adaptar as actividades e o grao de dificultade ás características da persoa que o vai empregar.

O programa consigue captar a atención dos rapaces e reforza o traballo con recompensas visuais. Pode ser moi útil para incrementar o vocabulario, na rehabilitación das dislalias, e para traballar o razoamento verbal.

Éxito no tratamento da dislexia

2

[D-230]

Springboard for Children é unha organización benéfica fundada en 1992 nunha escola primaria de Peckham, sudeste de Londres que está a traballar de xeito eficaz no tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura e a escrita. Debido ós bos resultados, a experiencia extendeuse a unha ducia de escolas de zonas socialmente desfavorecidas nas cidades de Londres e Manchester. Este proxecto pioneiro no Reino Unido está a ter un gran éxito, axudando a centos de nenos e nenas disléxicos.

Os nenos que participan neste proxecto reciben dúas sesións de apoio semanal de 40 minutos cun titor especializado. As sesións soen ser individuais ou en pequenos grupos. Desenvólvense programas de educación adaptados a cada alumno e as súas necesidades específicas.

Springboard emprega un equipo de titores cualificados e un grupo de voluntarios locais que reciben capacitación e formación para asegurar que cada neno reciba un alto nivel de axuda.
A clave destes resultados tan positivos reside na actuación inmediata, intervinse en canto é detectado o problema, na atención individualizada durante o período de aprendizaxe e na utilización de métodos e técnicas innovadoras que melloran as habilidades dos cativos. Estas baséanse en afianzar a autoestima dos alumnos, deteriorada pola ansiedade e frustración que lles provocan as súas dificultades.

Enlace á web de Springboard

Feed RSS de Belen GF
Ir arriba