Ana

Ana

(0 comentarios, 22 entradas)

Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil

Entradas de Ana
Foto Obradoiro LIM Soutomaior

Obradoiro LIM Soutomaior

2

Obradoiro LIM Concello Soutomaior

Da man da polifacéTICa Belén Junquera pechamos ista xira de Obradoiros dos Sábados organizados polo Concello de Soutomaior, dando deste xeito resposta á demanda xerada entre nais, pais, mestres do contorno.

Foto Obradoiro LIM Soutomaior

Foto do obradoiro de LIM impartido por Belén Junquera no que se pode ver unha disposicion das mesas da aula de informatica en forma de U

Non podemos esquecernos da calurosa acollida recibida do Concello de Soutomaior, moitísimas grazas.

En breve teredes algunha nova mais que estamos a vos preparar 😉

Ligazóns

Unha posibilidade entre mil

0
Portada do cómic

Portada do cómic

O pasado sábado día 30 de maio tivo lugar no Salón do Cómic de Barcelona, a presentación dun cómic moi especial: Una posibilidad entre mil. O acto foi presentado polas editoriais de Sins Entido: Jesús Moreno e Héloïse Guerrier, e contou coa presenza dos autores.

Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou contan a historia dunha andadura personal que comeza o día en que nace a súa filla Laia e sofre unha doenza que lle causa dano cerebral.

Isto desencadea todo un proceso de angustia, loita, sufrimento, solidariedade, aceptación e de avances e retrocesos que miles de pais coñecen. E malia todo, Cristina e Miguel conseguen plasmar a súa experiencia sen sensacionalismos, dunha forma moi natural, sinxela e sincera. Emotiva e obxectiva, cunha actitude reflexiva e directa.

En contra do que puideramos pensar, tampouco é un cómic con pretensións didácticas. É un cómic ben narrado que recolle todas as situacións que se desenvolven ao redor de Laia e os seus pais dun xeito esperanzador e cunha actitude positiva.

Un cómic que non deberíades perder.

Podedes ter máis información no blog Jiro Taniguchi e na páxina oficial do cómic: www.unaposibilidadentremil.com.

O Proceso de Bolonia

1
Logo do Proceso de Bolonia.

Logo do Proceso de Bolonia.

A Universidade do Proceso de Bolonia supón un cambio sorprendente, e moi desexado, nos plans de estudos post obrigatorios que se viñan desenvolvendo ata agora en España. Entre outras, porque abre o maxín dos estudantes á posibilidade de poder estudar a súa carreira en varios países europeos, aprendendo diferentes idiomas e relacionándoche con persoas de distintas culturas.

Porque, ademais, lle releva do seu estatus de prioridade aos tan odiados exames nos que moitas veces témonos xogado todo a dobre ou nada, e lle concede o valor necesario a ao traballo que o alumnado desenvolva durante todo o curso.

Porque tamén permite que os estudantes poidan escoller entre unha gran variedade de títulos que respondan ás súas aspiracións persoais e profesionais, en vez de facelo entre un catálogo fechado de titulacións máis ou menos xenéricas.

E definitivamente, porque lles abre ás portas aos alumnos e alumnas ao mercado laboral, en primeiro lugar, dende a propia Universidade, facendo prácticas das súas respectivas especialidades

YoGoTe

0

Comunicación paralela con Xestos Internacionais

yogote [D-675]

O noso obxectivo: A comunicación internacional.

No mundo hai cinco mil linguas diferentes.

Un problema: Se todas as persoas usamos a mesma lingua, moitos idiomas desaparecerán.

Unha solución: Uso de xestos universais ao mesmo tempo que falamos.

Unha vantaxe Podemos aprender novas linguas.

Como podes usalos signos?

Primeiro: Aprende os xestos na túa lingua,

Despois: Usa os mesmos xestos para aprender outros idiomas, mira un exemplo.

[D-675-vídeo]

A: Información gramatical
B: Voz nativa.
C: Tradución experta.
D: Tradución automática.
E: Tradución parcial.

Ligazóns

Feed RSS de Ana
Ir arriba