Abraham

Abraham

(17 comentarios, 37 entradas)

Este usuario no ha compartido ninguna información de perfil

Entradas de Abraham

Gaudi… aí veñen os automatismos!

0

Logotipo de ‘GAUDI’ ou sistema de audio indexado. [D-533]

O meu Deus, seica tiña as falanxes oxidadas de non escribir nada por estes lares; retomando o pulo das miñas sindicacións abraiome co novo invento de Google, GAUDI (Acrónimo inglés de Google Audio Indexing) (1), mil e unha posibilidades ten para as Necesidades Educativas Especiais, a bote pronto a subtitulación automática dos vídeos que permitirá dobrar os diálogos, identificar sons e darlle verbas. Con estas ferramentas, todo é visualmente maís accesible!!!.

Esperamos impacientes unha nova ferramenta de interpretación gráfica.

Enlaces relacionados

:

(1) Enlace a Gaudi (Google Audio Indexing):
http://labs.google.com/gaudi

“´agora rede”… proxecto colaborativo

0

Logotipo de 'agora rede'.[D-332]

Coido que todos temos no maxín dun tempo a esta parte crear espazos colaborativos onde expor as nosas experiencias, inquedanzas, opinións… sobre o eido TIC do en ensino en Galiza. Os máis e os menos, crean blogues, plataformas, webs… espazos para espallar a nosa semente e sentirse apoiados nesta labor de definir paradigmas de usos e boas prácticas tecnoeducativas. Así pois dende ese prisma e filosofía, nace ´agora rede, coa intención de crear un punto que vertebre iniciativas da web 2.0 galega (blogs, wikis,… ) e aglutine unha rede social aberta de docentes a prol das TIC.

¿Unha iniciativa interesante? Por suposto.

¿Un Planet galego? coido que se esta cociñando e 100% feito en Galicia.

Postaniversario…

2

[D-331]

Quen o diría…

O da imaxe do xiz, mira ti por onde, foi o noso primeiro artigo na bitácora. Pero, ao que íamos:

Remexendo e remexendo no ordenador atopo isto:

De Abraham a Juan:

—– Original Message —–
From: Abraham Dominguez
To: juan@TADEGa.net
Sent: Sunday, February 11, 2007 8:39 PM
Subject: Colaboración Tadega

Estimado compañeiro:

Antes de nada darvos a noraboa polo proxecto, a iniciativa pareceme moi interesante; é por iso que estou interesado en formar parte da vosa comunidade se é posible, así como cales serían os pasos.

Abraham Domínguez Cuña: CEIP de LAREDO (Pontevedra)

Un saúdo.

De Juan a Abraham:

—– Original Message —–
From: Juan José Fernández García
To: Abraham Dominguez
Sent: Sunday, February 11, 2007 9:16 PM
Subject: Re: Colaboración Tadega

Estimado Abraham:

Grazas pola túa aportación, no tocante a formar parte do grupo, non creo que haxa problema algún, de todos modos dame un día para confirmalo. Vexo que ademáis deixache unha proposta no foro sobre a creación dun blog. Algo no que xa matinamos algunha que outra vez, someterémolo a sondeo entre foreros e membros de TADEGa aínda que será preciso contar con alguén que se ocupe ou coordine as subidas de datos ao servidor e telo ao día (a min xa me vai chegando coa web e co foro)… pois como ben sabes, un blog que non se actualice a cada pouco perde o seu encanto ¿Preséntaste voluntario? je, je.

Sexa como sexa, benvido e grazas pola túa participación.
Juan.

De Abraham a Juan:

—– Original Message —–
From: Abraham Dominguez
To: Juan José Fernández García
Sent: Monday, February 12, 2007 4:06 PM
Subject: Re: Colaboración Tadega

Ola Juan,

Grazas pola benvida, …sobre o asunto do BLOG, sería un pracer instalar, administrar e coordinar o mesmo, pois sería unha ferramenta moi interesante para colgar as experiencias que estamos a realizar na aula, propostas…onde dun xeito moi sinxelo todos poden colaborar.

Co gallo do uso das PDI fixemos un BLOG que coido que cun toqueteo de deseño podería encaixar coa proposta de BLOG TADEGA: http://www.ediga.net

Un saúdo
Abraham.

Oh, meu deus! Que ben queda isto por estas datas! 🙂

Grandes cosas en dous días e tres clics… só fai falla dar o paso.

O demais xa o coñecedes.

Premio Innovación educativa: ‘Xogamos?’

3

Imaxe de cabeceira do proxecto xogamos.[D-275]

Imos de premio en premio

Os nosos tadeguianos non paran: O Diario Oficial de Galicia (18 de cembro de 2007) ven de publicar unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino non universitario financiados con fondos públicos.

O mencionado galardón foi convocado en xuño deste ano con diferentes categorías e, nunha delas, Ferramentas de autor, ten especial relevancia para o noso tadeguiano Felo Couto recibindo o Primeiro Premio, coordinando un proxecto chamado Xogamos? xunto con outros dous baluartes das TIC en Galicia, Fran Macías co seu afamado Educa lim e Xosé Antón Vicente coa recoñecida bitácora EnGalego.

En primicia 🙂 o noso compañeiro comenta a existencia de dous módulos no proxecto:

Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos dedicados a elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta e que inclúe unha serie de ferramentas para a creación de xogos:

  • EdiPre (Editor de Preguntas). Programa informático para contornas windows e linux.
  • DEX (Deseño de Xogos). Aplicación para a construcción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux, mac e Internet.

(Felo Dixit)

Estou impaciente por probar esta nova ferramenta, xa que a calidade está garantida. Estimado Felo: Cando xogamos?

Nota: Como dí a miña nai Sentímonos moi orjullosos de tí/vós

Enlace á web do proxecto:
www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos

Feed RSS de Abraham
Ir arriba