[D]

A web 2.0 da que participamos en TADEGa con esta bitácora e co foro, e á que nos suscribimos por ter uns principios que entendemos básicos na atención á diversidade (compartible, interactiva, multimedia, accesible, usable, semántica…) non deixa de ter os seus problemas, e problemas importantes, porque estar suscritos a algo bo non é garantía de que canto se faga teña bula, e menos aínda, sen reflexión.

Recentemente un dos máis afamados gurús da web 2.0, Jakob Nielsen, critica abertamente que a maior parte dos seus usuarios, abraiados de máis pola interactividade, abrazáronna coma un valor primario, esquecendo o básico dunha páxina web: a usabilidade, e con ela, a accesibilidade. Así, as webs deberían ser doadas de usar, polo que o seu deseño non debe ser algo que se poida deixar de lado en favor das ferramentas de interrelación entre usuarios. ahí es nada.

Sempre admirei a valentía de quen, por lucidez, se atreve a remar contracorrente e pisar onde outros non foron quen ou onde simplemente non está ben visto. ¿Estaremos tamén nós engaoilados pola interactividade e a multimedia dándolle prioridade sobre usabilidade e a accesibilidade? Esa e outras preguntas son as que non deberíamos deixar de facer; para estar vivos, para ser frescos.

Máis información nos seguintes enlaces: