Préstamo tecnolóxico TADEGA (Actualización)

Comezamos un novo servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega, os primeiros en beneficiarse del foron os compañeiros do CEIP Santo Paio de Abaixo. Eiquí a crónica que nos deixaron:

“Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a isto , tod@s podemos manexar o ordenador sen problema e sen lios co rato.

Como ferramenta que é, serviunos para traballar moitas cousas, a pesar do pouco tempo que tivémolo ( xa nos gustaría ter un propio) intentamos probar todas as potencialidades que ten e o que nos pode achegar.
O resultado foi moi bo, a un fácil manexo, se únelle a posibilidade de utilizalo en parellas sen ter que pasarse o rato ( co enredo que iso supón), a motivación para esta nova ferramenta é moi grande, ademais, cun mínimo de adestramento ata os máis pícaros do cole úsano sen problema. Lucas e Conchi (Vincis) resolveron unhas actividades de LIM sen problema.”

Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico?

Envía o documento de colaboracion ao enderezo colaboracions (arroba) tadega.net e atenderemos o teu caso canto antes.

Actualización
Elementos actuais de TADEGa en préstamo:

Asus Táctil

Asus Táctil

Asus Eeepc

Asus Eeepc

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Gracias a TADEGA por este prestamo, a súa utilización nun aula na que o traballo cos PC é cotiá foi unha pasada, por que permitiu que nen@s que non poden traballar autonomamente no PC da aula , sí o puidesen facer con este táctil, sin frustracións, con motivación , con gran satisfacción!!!!!.
    Gracias a esto ímos andando camiños que ata o de agora estában certamente moi costa arriba…….

    Gracias, gracias e mil gracias ( espero que en breve sexa o meu alumno o que vos escriba)

    Un bico . Susana

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.