Comezamos un novo servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega, os primeiros en beneficiarse del foron os compañeiros do CEIP Santo Paio de Abaixo. Eiquí a crónica que nos deixaron:

“Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a isto , tod@s podemos manexar o ordenador sen problema e sen lios co rato.

Como ferramenta que é, serviunos para traballar moitas cousas, a pesar do pouco tempo que tivémolo ( xa nos gustaría ter un propio) intentamos probar todas as potencialidades que ten e o que nos pode achegar.
O resultado foi moi bo, a un fácil manexo, se únelle a posibilidade de utilizalo en parellas sen ter que pasarse o rato ( co enredo que iso supón), a motivación para esta nova ferramenta é moi grande, ademais, cun mínimo de adestramento ata os máis pícaros do cole úsano sen problema. Lucas e Conchi (Vincis) resolveron unhas actividades de LIM sen problema.”

Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico?

Envía o documento de colaboracion ao enderezo colaboracions (arroba) tadega.net e atenderemos o teu caso canto antes.