Estimulación da linguaxe

Pictograma en cor de nena falando (bla bla bla)

Pictograma en cor de nena falando (bla bla bla)

APAE, gabinete especializado en atención psicopedagóxica e intervención logopédica, oferta para este verán varios talleres de estimulación da linguaxe.

Uns talleres son dirixidos aos rapaces nados entre o 2001 e o 2006, e outra modalidade ofértase ós pais e nais que estean interesados en aprender a estimular do mellor xeito posible a linguaxe dos seus fillos/as dende o seu nacemento, entendendo o entorno familiar coma o ámbito natural do desenvolvemento da comunicación.

Os talleres dirixidos aos rapaces, divididos por grupos de idade, pretenden desenvolver unha linguaxe oral funcional a nivel expresivo y comprensivo, ampliar o vocabulario a partir de centros de interese e estimular a intención comunicativa, o traballo en equipo e a creatividade.

O taller dirixido ás nais e pais, pretende informar do desenvolvemento normal da linguaxe, de modo que as persoas que asistan sexan capaces de detectar precozmente nos seus fillos/as calquera alteración na súa adquisición. Preténdese tamén que os pais/nais saiban da importancia do entorno familiar na estimulación da linguaxe, e sexan quen de sacarlle o maior partido posible a situacións da vida cotiá.

http://apae.com.es/
Documento pdf do obradoiro de linguaxe para nenos
Documento pdf do obradoiro para nais e pais

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.