Concurso de cortos

Ola a todas e todos:

A nosa compañeira Mamiago ben de facer co seu fillo un curto na rede que non debedes perder. Ela mesma nolo explica nun pequeno artigo que quixo sobir á bitácora nosa pero que non hai maneira pois dende que estivemos fouzando nela para actualizar a súa versión, non conseguimos que nos funcione. Na mentras déixovos a todas e todos aquí a referencia deste curto para que o vexades e o promovades, penso que paga a pena.

“O Consello Xeral da Avogacía Española ofrécenos un concurso(1) de curtos sobre os dereitos dos nenos. Ata o día 30 deste mes aínda se pode participar. Anímovos!!! Nós xa enviamos o noso vídeo caseiro. O premio: o máis importante, a presenza en algo que considero unha boa forma de dar a coñecer os dereitos de todos os nenos. Nós participamos polo 10º “dereito a non ser discriminado”. Como sabedes para nós é moi importante non meternos nun armario, pretendemos facer visible con normalidade o autismo, así que esta é outra plataforma máis, outro pasito máis. O premio físico: material educativo. Ademais, se o curto sae o máis votado por internet, poderíase gravar un curto cun director español de curtos, ESO GUSTARÍANOS!!!! e se os que se presentan son un grupo dun colexio, o premio final é diñeiro para a excursión fin de curso… Ánimo que aínda non hai moitos presentados e é moi doado!!!
Neste enlace podedes ver o noso vídeo, votar por el se vos apetece e ver toda a información do concurso:
(1) Enlace ao noso vídeo no concurso e máis información: http://www.yotambientengoderechos.com/ver_videos/ver_escuchar_hablar_amar
Tamén podedes deixar comentarios, pero creo que teredes que rexistrarvos, non é difícil…”

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.