O Proceso de Bolonia

Logo do Proceso de Bolonia.

Logo do Proceso de Bolonia.

A Universidade do Proceso de Bolonia supón un cambio sorprendente, e moi desexado, nos plans de estudos post obrigatorios que se viñan desenvolvendo ata agora en España. Entre outras, porque abre o maxín dos estudantes á posibilidade de poder estudar a súa carreira en varios países europeos, aprendendo diferentes idiomas e relacionándoche con persoas de distintas culturas.

Porque, ademais, lle releva do seu estatus de prioridade aos tan odiados exames nos que moitas veces témonos xogado todo a dobre ou nada, e lle concede o valor necesario a ao traballo que o alumnado desenvolva durante todo o curso.

Porque tamén permite que os estudantes poidan escoller entre unha gran variedade de títulos que respondan ás súas aspiracións persoais e profesionais, en vez de facelo entre un catálogo fechado de titulacións máis ou menos xenéricas.

E definitivamente, porque lles abre ás portas aos alumnos e alumnas ao mercado laboral, en primeiro lugar, dende a propia Universidade, facendo prácticas das súas respectivas especialidades

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. O que tan pomposamente chaman Espazo Europeo de Educación Superior, reformas estruturais da Universidade que outros chaman simplemente Proceso Bolonia é, ante todo, un proceso pouco ou nada democrático que se desenvolveu, fundamentalmente, desde un enfoque tecnocrático e neoliberal e que prexudica notablemente á universidade pública. Coa escusa da homologación de títulos, da mobilidade dos estudantes (din que así estudará un o que queira e onde queira) o único que se consegue é a redución do gasto público (redución das carreiras de cinco anos a catro) e privatizar os estudos de posgrao (másters, escolas de negocios, etc.)

Deixar un Comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.