cedi [D-696]

I Cea-Coloquio en torno ao Encerado Dixital Interactivo (CEDI)

Dentro do remuíño de ideas que os compañeiros e compañeiras de TADEGa tivemos no fin de curso en Taramundi, expúxose a idea de realizar unha serie de encontros, con mesa e mantel, ao redor dun centro de interese, coa participación dun experto no tema a difundir, dentro das tecnoloxías de atención á diversidade. Seguido coloquio participativo sen mais protocolo que a achega de todos.

Di o dito popular que dun casamento sae outro casamento , ao que agora teriamos que engadir , que cada reunión de TADEGa, abre o camiño a un novo proxecto ,e así foi …., da Nosa Asemblea no MUPEGA saíu a semente da primeira Cea “CEDI” a celebrar na Escola de Campos, baixo a incomparable batuta da Mestra Belén Junquera.

Foi o 30 de Xaneiro, cando a Escola de Campos, a miña escola, foi visitada por 20 Taguedianos e Tadeguianas. Nunca ata agora unha escola rural fóra escenario dunha Docencia para docentes, onde só a Mestría do Relator cegou a un grupo mixto de expertos, mesturados con mestres peóns, no seu bautizo fronte a un EDI.

Todo o meu nerviosismo organizativo esfumouse, cando Belén abriu a caixa das esencias para con naturalidade e dinamismo marabillarnos coa súa sinxeleza, coa cordura dun relato ben trenzado cheo de matices didácticos. que deixaban no aire mil propostas de mil actividades diferentes.

Din que o bo Mestre non é aquel que sabe moito , senón o que é capaz de transmitir coñecementos , de buscar aprendizaxes significativos e facer que o todo sexa mais que a suma das partes.

Así percorremos Galerías de Imaxes, actividades de deseño, onde a creatividade da mestra abre portas á imaxinación do/a alumno/a, ferramentas para ensinar a facer, ensinar a ser e ensinar a estar, funcións principais, novidades do SMART Notebook 10, Activity Toolkit… e un moi longo etcétera. Tres horas que foron minutos nun clima permanente de maxia e complicidade.

O recreo coloquio, con denominación de orixe TADEGa , puxo o broche de ouro a unha xornada de venres, nunha pequena escola que abriu as súas portas ata a madrugada. Ao abrir de nova a escola o Luns resoaban nas súas paredes as palabras máxicas de Belén Junquera, que sensación…unhas palabras resoaron nos meus oídos “ Rapaces, isto é como as Natillas… cando queirades repetimos…”

Grazas, grazas TADEGa.

Ligazons

Documento pdf co resumo do Activity Toolkit.