Ademais de coñecer a ferramenta coa que Autismo Galicia e os seus socios, poden xestionar o seu traballo, e os seus recursos: A Plataforma Tecnolóxica (1) (2). E ter a honra de escoitar en directo ao creador do Zac (3) (4), a aplicación que permite a nenos con e sen NEAE pasar un intre divertido á vez que dar unha tranquilidade aos seus pais ante o uso do computador, posto que bloquea as funcións do teclado e as opcións da pantalla que non son necesarias para o xogo, música, vídeo ou conto co que o neno está interactuando. E escoitar novamente que pronto estará dispoñible a nova versión do Zac, na que se poderán incluír enláces das páxinas de Internet preferidas do propio usuario, como os que TADEGa foi recompilando con entusiasmo e que agradecemos enormemente sexan tidos en conta nesta a súa próxima versión, na que esperamos ter a ocasión de poder colaborar no que estimen oportuno. E ademais de coñecer o traballo que as Universidades da Coruña (5), con respecto á diversidade funcional, a Universidade de Valencia (6), coa súa coñecida habitación dos pictogramas e o seu tic-tac, ou a Universidade de Zaragoza (7) cos proxectos Prelingua, Vocaliza, ou Cóntame, e todo o que se me escapa, desculpádeme, pero non son unha cinta gravadora (8), tivemos a ocasión de coñecer algo realmente interesante, algo que espero transmitirvos aquí da forma que eu o sentín.

Trátase da aplicación web para o método baseado na PCP, Planificación Centrada na Persoa, tamén da Universidade de Valencia. Raquel Abellán, fixo unha magnífica presentación dun traballo que pronto estará dispoñible libremente. Na actualidade pódese visionar a demo e solicitar a clave de acceso, que esperan en breve poder enviar, en canto teñan terminado o proxecto.

Vou intentar facer a miña propia versión disto que se chama Planificación Centrada na Persoa, desde a miña ignorancia. Desculpádeme as posibles expresións inadecuadas que poida dar, pero é a forma en como eu o vin.

Temos unha personita, sobre ela e para ela imos traballar. Necesitamos un grupo de traballo próximo a esta persoa para ir fixando os seus soños. Para conseguir os soños será necesario fixarse uns obxectivos. Pero estes soños son os soños da persoa, non os dos seus familiares nin os dos seus amigos, nin os dos profesionais que a rodean, senón os seus propios soños, e sobre isto é sobre o que imos traballar con esta planificación. Xestionaremos as reunións entre diversos membros do grupo, xestionaremos unha serie de documentación na páxina web, que estará baixo clave de acceso. Utilizaranse apoios visuais, e realizarase o seguimento da consecución destes soños a través do tempo. Recoméndovos ver o súa demo e polo en práctica en canto estea dispoñible.

E déixovos unhas imaxes da súa web: http://www.miradasdeapoyo.org/
Mapa visual que representa os soños (as nubes), e os obxetivos (os globos):
Mapa visual que representa os soños e os obxetivos.
Mapa visual que representa os círculos dos grupos de apoio da persoa:
Mapa visual que representa os c�rculos dos grupos de apoio da persoa.

(1)Artículo en la voz de galicia sobre la Plataforma Autismo Galicia.
(2)Enlace á páxina de Autismo Galicia onde falan sobre as xornadas.
(3)Artículo na Voz de Galica.es sobre o Navegador Zac.
(4)Enlace á páxina do navegador Zac.
(5)Páxina Fundación Orange, proxecto In-Tic.
(6)Páxina do Grupo de Autismo da Universidade de Valencia.
(7)Páxina do Proxecto Comunica.
(8)Portal Aragonés da comunicación aumentativa e alternativa.
(9)Páxina Miradas de Apoyo, para a Planificación Centrada na persoa.

Video da Intervención de Mamiago nas Xornadas.