Xornadas AGPETAL-TADEGa


XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009

agpetal. [D-667]

Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.

Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional

Los temas a tratar en esencia son:

  • Audición e linguaxe.
  • TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
  • SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación).
  • Atención a alumnado con implante coclear.
  • Foros activos de experiencias TIC.

Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros.

A matrícula dá dereito á:

  • Asistencia ás XII Xornadas.
  • Carpeta de documentación e traballo.
  • Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa.
    (Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña).

No enlace que vos amosamos a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas.

Tríptico informativo das xorndadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat):
[Enlace].

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.