lim. [D-659]

Moitos de vos preguntades a miúdo por programas e ferramentas de autor que faciliten a creación de actividades de traballo para os vosos alumnos e fillos, pois para os mestres a partires do próximo mes de febreiro poñeranse en marcha dous novos cursos de formación a distancia en PLATEGa. Os cursos están relacionados coas ferramentas de autor LIM e Ardora. Para inscribirse nas actividades hai que ir ao sistema de formación do profesorado (fprof) e buscar as seguintes referencias:

  • X0804047 – LIM e o proxecto Xogamos? Aplicación didáctica
  • X0804048 – Creación de actividades en liña con Ardora. Uso didáctico

Data límite de inscrición nas actividades ata o próximo día 9 de xaneiro.
Ambos cursos están deseñados para 50 alumnos e constan dun total de 30 horas . A temporalización do mesmo é do 02/02/2009 ao 15/05/2009.

E para os que non sexades mestres ou non vos concedan o curso, tendes moito para ir empezando a practicar en LIM cos tutoriais e o “curso autodidacta” na rede. As interesadas e interesados podedes ir probando, e as dúbidas que vos vaian xurdindo as anotades aqui nos comentarios e lle imos dando resposta, si? Animadevos!

Ligazóns que se citan

Créditos

  • Ardora é un programa totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sin caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Autor: José Manuel Bouzán Matanza
  • LIM e EdiLim son de uso e distribución libre, sempre que se respete a súa gratuidade e autoría. Autor: Fran Macías