Universidade de Filosofía, Santiago de Compostela, 4:30 da tarde do sábado 13 de Decembro de 2008, día de Santa Lucía.

No salón de actos da Facultade tres taguedian@s ante un auditorio convoGcado por Autismo alicia, apáganse as luces e xorden as palabras, seguras e claras, de Juan para cortar o aire con simplicidade poñendo sobre a mesa accesibilidade, usabilidade, colaboración, inclusión… desde a perspectiva de TADEGa como sitio para todas e para todos ónde compartir recursos e ferramentas… onde a única diferenza que nos separa é o nome de acceso e o contrasinal..[D-650-1]

Logo Susana, tirando de recursos ante a lei de Murphy, deunos un paseo penso que maxistral, sobre a implicación dunha profesional do ensino , mestra de infantil, no traballo del día a día na aula onde conviven, e aprenden a aprender 11 nenos e nenas diversos/as e diferentes, onde interactúan entre eles para ser e estar compartindo saberes … onde a introdución das TIC na aula, como recurso, amósanos o profundo potencial que teñen na motivación do alumnado na tarefa … Susana deixounos na retina unha pequena mostra dun gran traballo…[D-650-2]

Inés, amosounos o outro lado da comunidade de aprendizaxe, meteunos a plan na súa casa, para compartir con nós a dedicación, a implicación e a constancia dunha nai na educación dos seus fillos, cunha traxectoria de traballo por compartir e facer participe ao auditorio a realidade, a visión do mundo aos ollos de Iago, do seu blog, das posibilidades que estes ofrecen, a importancia de non quedar sos na loita, senón de abrir o seu mundo aos demais e facelos participes duna realidade, de loitar pola supresión de barreiras legais en torno ao dereito de uso dos pictogramas, da importancia de poñer a disposición dos nosos fillos e alumnado todas as ferramentas dispoñibles sen deterse polos costos ou, o que é máis triste polas barreiras da burocracia e o copyright… graciñas Inés por compartilo con nós.

[D-650-3]

Ao final, un amigo, un vello amigo, preguntoume… e ti, que fas aquí? Eu simplemente contestei con orgullo… Eu tamén son de TADEGa.

Graciñas aos tres, por ser e estar.
Manuel

Ligazóns