Borrador: Decreto de Atención á Diversidade

1 millón de firmas pola non discriminación. [D-345]

Circula por aí o borrador do decreto que regulará a atención á diversidade que está aínda en fase de estudo e trátase nas mesas sectoriais dos sindicatos.

Na exposición de motivos xustifica -invocando a equidade na educación- todos aqueles recursos que a Administración educativa deberá por en marcha para que ningunha circunstancia desfavorable impida unha mellor atención aos alumnos que precisen apoio; pois a ver se é certo e non todo son atrancos e burocracia á hora de prover eses recursos. Eu témome que non, p.e. estrágase unha oportunidade de crear centros de recursos de educación especial para que de verdade os apoios sexan provistos e se asesore aos profesionais pola xente que sabe diso. Tamén a forma en que se determinan os centros de escolarización preferente é manifestamente mellorable.

Nos principios xerais di que a atención á diversidade farase de acordo cos principios de normalización e inclusión; pois a ver se acabamos con esa política nefasta de segregar aos alumnos en centros de escolarización preferente co pretexto das axudas, cando estas non son moi distintas doutros centros ordinarios ou é que, de verdade, pensan que un centro con ramplas xa é un centro inclusivo, só polo feito de telas.

Tamén di no capítulo que se refire á escolarización que os alumnos con necesidades educativas serán escolarizados onde lles corresponda. Se chega a ser certo sería unha boa cosa, pero máis que nada sería xusto.
Unha das ferramentas máis poderosas que hai para atender á diversidade é a adaptación curricular. Alguén podería dicirme por que non existe en bacharelato?

Para acabar, os mestres de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe van desempeñar as súas funcións no segundo ciclo da ESO. Van cobrar máis, tamén?

Para saber mais

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.