Imaxe dunha porta aberta no ceo. [D-633]

A WCAG 2.0

Xa están aprobadas as WCAG 2.0 ou Pautas de Accesibilidade ao contido na Web para a Web 2.0

O 3 de novembro foi publicada a nova versión, continuación da versión anterior da que somentes temos, polo momento, o documento en inglés.

A tradución oficial do documento en inglés ao castelán corre a cargo da Fundación Sidar, nacida tras seis anos de traballo do chamado Seminario Iberoamericano sobre Discapacidade e Accesibilidade na Rede. O último borrador feito por eles e do 11 de setembro do 2007 e dende entón cambiou bastante, así que teremos que agardar.

Coas normas da WCAG 2.0 preténdese facilitar a aplicación das pautas de accesibilidade por parte das persoas encargadas de deseñar, crear, administrar e/ou controlar un sitios web, así como facilitar o seu recoñecemento polas entidades lexislativas.

Organización e estrutura da WCAG 2.0

Para poder sacar á luz estas normas, a WCAG estivo recollendo e avaliando postas en práctica de sitios Web verdadeiros. Como resultado do estudio de diversas mostras, a versión para as webs 2.0 está organizada e estructurada de diferente xeito ca anterior.

Así, as WCAG 2.0 organízanse en 4 principios fundamentais para a accesibilidade do contido:

  1. PERCEPTIBLE:
    O contenido debe poder ser recollido por un dos sentidos.
  2. OPERABLE:
    Os elementos da interacción presentes no contido deben poder ser manipulables.
  3. COMPRENSIBLE:
    Tanto o contenido coma os controles deben ser comprensibles.
  4. ROBUSTO:
    O contido debe ser suficientemente robusto para funcionar coas tecnoloxías actuais e futuras.

A súa vez, cada un destes principios ven asociado a 12 directrices que proporcionan as metas básicas para facer o contido accesible, é dicir, serven para comprender posteriormente os criterios de éxito e implementalos.

Os criterios de éxito son 60 en total. Hanse de cumplir e son testeables. Están ordenados segundo o nivel de cumprimento asociado, que se corresponden cos niveis A, doble A e triple A.

As diferenzas entre a anterior normativa e a actual son difíciles de explicar, posto que un punto de verificación das WCAG 1.0 pode corresponderse con varios criterios de éxito ou con ningún en concreto das WCAG 2.0. Ademais os niveis de adecuación cambian dunhas pautas a outras.

Niveis de conformidade

Elimínase a polémica proposta de anteriores borradores de incluír niveis mixtos. Actualmente os niveis son:

  • Nivel A: cando se cumpren todos os criterios de éxito de nivel 1 (A) de todas as directrices ou se proporciona unha versión alternativa conforme ao nivel A.
  • Nivel doble A: cando se cumpren todos los criterios de éxito de nivel 1 (A)Â e de nivel 2 (AA) de todas as directrices, ou se proporciona unha versión alternativa conforme ao nivel AA.
  • Nivel triple A: cando se cumpren todos os criterios de éxito de nivel 1 (A), de nivel 2 (AA)Â e de nivel 3 (AAA) de todas as directrices, ou se proporciona unha versión alternativa conforme ao nivel AAA.

Información complementaria

A normativa da WCAG 2.0., pódese ver ao completo a través dos seguintes enlaces: