Xornadas Autismo Galicia

Xornadas: “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autista”

Imaxe Cartel informativo das Xornadas [D-619]

A Federación AUTISMO GALICIA (1) organizará unhas Xornadas os días 12, 13 e 14 de decembro na Facultade de Filosofía, en Santiago de Compostela baixo o título “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autista”.

A través destas xornadas tratarase de achegar á cidadanía os avances na tecnoloxía dentro dun campo tan ignorado como é o das persoas con Trastornos do Espectro Autista (T.E.A.) e persoas con Discapacidade en xeral.

Todos os grupos representados, poderán proporcionar a súa visión sobre aquelas aplicacións informáticas que constitúen unha innovación no campo da tecnoloxía e facilitan o traballo dos/as traballadores/as dos centros, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida das persoas con T.E.A. e a das súas familias.

Total horas: 20. CRÉDITOS CONCEDIDOS: 1

Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e Universidade de Vigo

Inscrición:
Servizo de Participación e Integración Universitaria
Casas Reais, 8. Santiago
Telf.: 981 563 100, ext. 12859/12864/23573

O prazo para inscribirse será ata fin de aforo.

TADEGa, participará cunha intervención o sábado pola tarde.

Enlaces de interese

  1. Enlace á páxina de Autismo Galicia www.autismogalicia.org
  2. Enlace ao programa das Xornadas Documento pdf das Xornadas
Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.