TECNONEET 2010

cartel 2010 [D-606]

Namentres que todavía está fresquiño nas mentes de moitos de nós o V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) – III Xornadas de Logopedia Dixital 2008, desenvolvido no mes de setembro en Murcia, naquela terra xa teñen postas as súas miras no 2010, ano no que presentarán o VI Congreso TecnoNEEt, baixo o lema “25 años de integración en España”. Será o 4, 5 e 6 de marzo.

Para todas as persoas que non o saibades todavía, TecnoNEEt; é o nome que reciben os congresos bianuais que se desenvolven na comunidade murciana dende o ano 2000, no eido das novas tecnoloxías e a atención á diversidade.

Esta iniciativa, respaldada pola Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia, foi medrando paseniño e collendo forza, quizáis polo seu carácter dinámico e interactivo, quizáis pola variedade no tratamento dos contidos e pola súa practicidade, ou quizáis pola profesionalidade coa que en todo momento se procurou dar resposta á demanda dun número cada vez maior de escolas que sinten a necesidade de incorporar as tecnoloxías educativas nas aulas para contribuír na mellora da calidade de vida do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Ou, se cadra, por todo un pouco.

Así pois, tampouco debera sorprendernos que os murcianos estivesen argallando xa unha nova cita na súa terra. E o 2010 promete ser moi especial, posto que, entre outras cuestións, aproveitarán a coincidencia cos 25 anos de integración que cumplimos en España para facer unha análise das súas repercusións na educación e da medida na que contribuíron as novas tecnoloxías neste proceso de cambio, co fin de propoñer novas liñas de actuación para a mellora das nosas escolas.

Dende logo, ao equipo TecnoNEET todavía lle queda moito que camiñar e a nós moito que esperar para aproveitarnos de todo o seu traballo. Pero, sen dúbida, pagará a pena. Así que non vos esquenzades e anotade: os días 4, 5 e 6 de marzo do 2010 tendes unha cita en Murcia.

Enlaces de interese

  • Ligazón á web do VI Tecnoneet: www.tecnoneet.org
Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.