Comezamos có primeiro obradoiro deste ano 2016:

Impartido por Dismedia

Debuxo representativa de Dismedia (uns rapaces xogando nunha maquinaria lúdica de forma esférica). Destacan as palabras en galego: "Agentes del cambio, escuela, familias, alumnos, acompañamiento, asesoramiento y proximidad".

Debuxo representativa de Dismedia (uns rapaces xogando nunha maquinaria lúdica de forma esférica). Destacan as palabras en galego: “Agentes del cambio, escuela, familias, alumnos, acompañamiento, asesoramiento y proximidad”.

  • Cando: Sábado 20 de febreiro
  • Horario: 10:30 a 13:30 h.
  • Onde: Centro Gaiás (Centro de Emprendimento da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela).
  • Prezos: 5 € para persoas socias de TADEGa e 10 € para as non socias.
  • Prazas: 20 persoas máximo.
  • Xantar: Opcional pero é preciso reservar a través do formulario de inscrición (10 €)

Constará dunha parte de presentación de Dismedia e do proxecto Baboot e outra práctica na que se desenvolverá unha actividade piloto.

Dismedia presentaséntase como AXENTES FACILITADORES DO CAMBIO. O noso obxetivo é acompañar e xestionar o cambio nos centros educativos. Baboot xurde da necesidade de incorporar novas metodoloxías na aula para a etapa de Educación Primaria.

Propón un achegamento ao traballo por proxectos e recoméndase como unha primeira fase de inicio do cambio metodolóxico no centro.

Trátase dun programa interdisciplinario no que se traballarán por proxectos as competencias clave e os contidos curriculares que establece a LOMCE.

Conta cun deseño inclusivo, propoñendo dinámicas de aula que permiten a adaptabilidade das diferentes necesidades especiais que podan existir na aula. Está enfocado a traballar aspectos de carácter social, valores, intelixencia emocional e un primeiro achegamento á programación e á robótica.

Enlaces de interese