Fontes, fontes, e máis fontes

Co gallo dun curso sobre “As TIC e o profesorado de apoio” celebrado a primeiros de mes (marzo de 2007) polo CFR da Coruña (coordinado por Javier Rouco) falamos de todo un pouco, pero unha das necesidades máis acusadas seica foi iso, fontes para o uso escolar e o desenvolvemento da grafía. Así poís visitamos bancadas de “types” como por exemplo:

Todas elas estupendas para experimentar con fontes ou Dingbats. Pero sen ir moi lonxe, no famoso CNICE, tiñamos xustamente o que necesitabamos, no seu observatorio podemos ver o proxecto, “Mis primeras fuentes“:

Exemplo de fonte escolar do CNICE [D]

Aínda que se decidimos que nolo den todo feito en plantillas para a aprendizaxe da grafía, poderíamos visitar un par de xoias:

¿Algún aporte máis? 🙂

Nota: para aqueles e aquelas que estean a utilizar a PDI, que saiban que o OCR da suite do Smart Board na súa última versión (setembro do 2006) é bastante potente ao igual ca o do Office 2007, recursos interesantes para plantexar actividades de grafomotricidade/escritura na aula. Para mostra, este vídeo: [D]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/blpLIJ5HEZk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Comparte este artigo

3 Comentarios

  1. En canto a plantillas, coñecíamos os cadernos vindel e tamén temos todas istas… http://boj.pntic.mec.es/jverdugo/

  2. Non as coñecia, magnífico aporte Felo!!!! algun material interesante tamén o podemos atopar no coñecido http://www.educarm.es/udicom/ un referente dos materiais para compensatoria.

  3. Muy bueno vuestro sitio, en especial por los blogs amigos y los de recursos entre los que se encuentra el CREENA, del cual soy el responsable de nuevas tecnologías. Aunque esté en gallego se entiende bastante.
    Un saludo.

Deixar un Comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.