Avisos importantes

Documentación que deberás traer ao congreso

Acabamos de emitir ás persoas inscritas no congreso un correo no que se vos solicita un ou dous documentos segundo sexa o teu caso. Por favor léedeo con calma e seguide o que alí se indica para facilitar o trámite da homologación por parte do MECD. Graciñas.

Marca os teus obradoiros favoritos

Accede ao formulario no que seleccionar os teus obradoiros favoritos. O enlace ao formulario o tes no teu correo electrónico que enviamos a todos os participantes. Se non o atopas, mira na carpeta do SPAM non vaia a ser que o teñas alí.

Listaxe das persoas inscritas

Lembrade que nesta web tedes o enlace a relación de persoas inscritas (opcións de menú tanto na barra superior como na lateral dereita), de todos modos aquí tedes o enlace:

Cartaz anunciador do IV Congreso TADEGa.

Presentación do congreso

Cumprindo co compromiso de celebrar o noso congreso bianual, queremos compartir os contidos e as sorpresas que nos agardan neste novo Congreso, por certo, máis práctico aínda (tal e como solicitabades nas enquisas) e con máis espazos para os obradoiros.

Inscrición

Tedes ao voso dispor o formulario de inscrición. https://goo.gl/N6MXYS

Concurso

Entre outras novidades, lanzamos este concurso. Chámase Faino ti na que os centros se poden presentar a un suculento premio con gala final no propio congreso. Precisamos espallar esta nova polos centros e as vosas veciñanzas:

I Concurso de Ideas de creación 3D Faino ti

  • Trátase de levar á aula proxectos educativos que impulsen a innovación e que, para implantalos, sexa necesaria a utilización da Impresión 3D.
  • http://tadega.net/wp-content/uploads/2015/07/convocatoria_3d_tadega_galego.pdf
  • Os Centros interesados recibirán un material de apoio para o profesorado para introducir a impresión 3D na aula e os seus procesos.
  • Agardamos os vosos comentarios e… animádevos a participar!

Programa

IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 Diversidade, Universo dixital e Inclusión

Etiqueta #tdgvigo15

Lugar
Datas e datos
  • 11 e 12 de Decembro de 2015.
  • Certificación do MECD (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).
  • Certificación da Consellería de Cultura, Educación e OU (en trámite).
  • Certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros.
  • Inscrición: https://goo.gl/N6MXYS
Programa
VENRES 11 DECEMBRO
  • 16.30 a 17.00: Recollida de documentación.
  • 17.00 a 17.15: Benvida e inauguración.
  • 17.15 a 18.30: Mesa redonda: Conflitos de inclusión: óptica lexislativa e solucións.
    1. Mª Cruz da Silva Rubio.
    2. Venancio Graña Martínez.
    3. Mª Luz López Díaz.
    4. Mª Esther Núñez Pintos.
    5. Ánxeles Rivela Machado.
  • 18.30 a 18.45: Descanso.
  • 18.45 a 19.30: Relatorio: Tecnoloxía incluínte e inclusiva Miguel Ángel Valero Duboy, Director do  CEAPAT – IMSERSO, Ministerio de Saúde, Servizos Sociais e Igualdade.
  • 19.30 a 21.00: Obradoiros I.
SÁBADO 12 DECEMBRO
  • 09.30 a 11.30: Obradoiros II.
  • 11.30 a 12.00: Café na zona de Expositores.
  • 12.00 a 14.00: Obradoiros III.
  • 14.00 a 16.00: Descanso.
  • 16.00 a 17.30: Obradoiros IV.
  • 17.30 a 18.00: Comunicacións libres.
  • 18.00 a 19.30: Obradoiros V.
  • 19:45 a 20:15: Área educativa //Afundación. Diversionarte e Pintafontes.
  • 20:15 h: Actuación estelar de Igualarte.
OBRADOIROS DO IV CONGRESO

Obradoiros con varias sesións

  1. Creación de contidos nas tablets: Antonio Escudero Feijoo.
  2. Escritura creativa con tablets: Susana Lamela e Ana Mariño
  3. As tablets e as intelixencias múltiples: Iago José Corral López.
  4. Sistemas Alternativos e/ou Aumentativos para a Comunicación nas tablets: Jaime Vidal.
  5. ‘Tablets Android na aula e aspectos técnicos’: Felo Couto
  6. Estratexias na aula para o cambio educativo liderado polo profesoradoRaquel Pedrouso.
  7. Gamificación no proceso da aprendizaxe: Raquel Pedrouso
  8. Impresion 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoalGil Barrero. BJ Adaptaciones
  9. ‘O Sistema de comunicación Total Fala Signada na práctica Docente. Materiales para o profesorado, alumnado e familias’: Alejandro Fernández, Santiago Herrera, Manuel Gómez e Javier Soto. Asociación DIVERTIC.www.divertic.org
  10. Monta o teu Robot de Aula. Montaxe e posta en marcha do Escornabot como ferramenta metodolóxica: Xabier Rosas do equipo www.escornabot.com
  11. Adaptación de Xoguetes, ratos e fabricación de pulsadores: Roberto Gaitán Cazorla. CEAPAT

Obradoiros de sesión única

  1. Apps para a comunicación e a accesibilidade en dispositivos móbiles. Jonathan Juncal. ACCEGAL.
  2. Como implementar un proxecto de robótica na aula. DISMEDIA.
  3. Makey-Makey e Scratch na aula. Tech-Academy. Alejandra Alonso.
  4. Recursos na web: Persoas Dobremente Importantes. Pilar Ónega.

Condicións

Ata o 30 de Novembro

  • Persoas socias de TADEGa: 30 €.
  • Persoas de asociacións afíns: Por Dereito, Agpetal, Eganet e Divertic: 40 €.
  • Persoas non socias: 50 €.

Descontos por grupos (de 5 ou máis persoas)

  • Prezo: desconto de 5 € por participante.
  • Remitir a contactar@tadega.net a solicitude de grupo coa relación dos seus integrantes.
  • Cumprimentar de xeito ordinario o formulario de inscrición.
  • Efectuar un único pago polo importe correspondente.

Observacións

  • Despois do 30 de novembro: as cotas increméntatnse en 15 €, non se aplican descontos a grupos.
  • Cea de gala (opcional): prezo por persoa (matriculada ou acompañante): 35 €.

Dereitos de matrícula

Unha vez confirmada a matrícula, esta dá dereito a:

  • Asistencia ao IV Congreso TADEGa
  • Carpeta e documentación de traballo.
  • Certificación homologada de asistencia e, no seu caso, da publicación dos traballos expostos.
  • Asistencia (opcional) á cea de gala o venres 11 ás 21:30 h. xunto coas persoas inscritas como acompañantes no caso de ter abonado as cotas correspondentes.