O vindeiro IV Congreso TADEGa a se celebrar en Vigo terá lugar os días 11 e 12 de decembro de 2015 e, ao seu carón, quixeramos pedirvos axuda e colaboración nesta andaina que pretendemos compartir con todos vós e que nos axudedes a difundilo.

#tdgvigo15

Congreso TADEGa Vigo 2015

Datos previos

Evento: IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 Con corazón: Diversidade, Universo dixital e Inclusión

Lugar: Vigo. //Afundación. Sede Afundación. Policarpo Sanz, 24 – 26, Vigo.

Datas: 11 e 12 de decembro de 2015.

Acreditación: Certificacion do MECD (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte) así como certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros.

Contidos

Os máis puntuados nas anteriores avaliacións:

  • Tablets e dispositivos móbiles Android.
  • Novidades PictoAplicaciones.com – www.pictoaplicaciones.com
  • Construción de elementos de baixo custe. CEAPAT – www.ceapat.es
  • Emprego creativo das tablets na aula e apps para o curriculum.
  • Obradoiro Robótica e Arduíno. Bricolabs TEAM – bricolabs.cc
  • sites.google.com/site/sitiotuchomendez
  • http://escornabot.com/web/gl/what
  • Actividades e productos de apoio. Acceso alternativo ao ordenador, tablets e teléfonos.
  • Programación nas escolas: AppInventor http://www.cpeig.org/portal/node/2376
  • Impresión 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoal.
  • Resolución de conflictos en el aula centrado en solucións.

Precisamos

  • Persoas que colaboren no comité organizador do Congreso (Ver Congreso 2013).
  • Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros (Ver formulario).
  • Patrocinadores do Congreso.

Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros

Convidamos a todas as persoas que desexen participar a que nos envíen unha proposta para presentar o seu traballo, ben sexa unha comunicación libre, obradoiro ou coloquio, abordando a diversidade no ensino e o emprego de tecnoloxía. (Emprega o formulario)

Patrocinio do Congreso

TADEGa oferta oportunidades para as organizacións ou grupos que así o desexen ofrecer patrocinio aos nosos congresos. Enfócase a aquelas organizacions interesadas que estean relacionadas coa temática do congreso e que esteann dispostas a conectar co congreso e coa súa comunidade. Podemos axudarlle a aumentar a visibilidade da súa organización e produtos dentro da nosa comunidade e a súa organización ou empresa dentro da nosa comunidade de profesorado comprometido e entusiasta, estudiantes, familias e usuarios.

Os paquetes de patrocinio do Congreso combinan a visibilidade antes do evento e o máximo impacto durante o Congreso. Para as organizacions ou empresas que desexen dirixirse a un día específico, no material entregado, ou nos eventos sociais durante el congreso, o patrocinio individual é unha opción moi atractiva. Isto lle permite á súa organización elexir o nivel desexado de participación e de visivilidade perante aos asistentes do Congreso.

Outra razón clave é establecer contactos persoais e achegar organizacións e empresas ao mundo do ensino a través dun networking e compartir en rede con outros profesionais os eventos sociais así como a cea de gala do congreso, os almorzos e as pausas de café, teñen tamén moita asistencia.

Poderá poñerse en contacto con nós para valorar o mellor xeito de patrocinio dun destes eventos ou a presencia nun stand para a súa organización.

Correo de contacto: colaboracions@tadega.net