Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Texto alternativo: imaxe fotográfica dunha nena sorprendida para expresar sorpresa.

Non hai entradas!

Con Susana Lamela e Ana Mariño

A verdade é que non contabamos cun éxito así; en apenas 3 días tivemos que pechar o formulario de solicitudes por encher o aforo deste centro que nos acolle.

Sentimos as molestias que lle podamos causar as persoas interesadas en participar e que non se anotaran antes.

Comprometémonos a deseñar estratexias operativas para repetir este obradoiro noutra ocasión antes de rematar o ano, previsiblemente para o vindeiro congreso TADEGa a se celebrar no derradeiro trimestre de 2015 e do que non tardaremos en darvos magníficas novas.

Algúns traballos compartidos

Queremos agradecer especialmente a Susana Lamela e a Ana Mariño, a súa xentileza por tan magnífico obradoiro e tamén por compartir o seu traballo. Deixamos aquí tamén a magnífica presentación que nos serviu de guía para o traballo do obradoiro.

 


From Obradoiro “Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con d. Posted by Tadega Net on 4/14/2015 (10 items)

Generated by Facebook Photo Fetcher 2


Susana Lamela @sonhosdeandel http://sonmago.blogspot.com.es/

Ana Mariño @MestraPrimaria http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/

Libro: "Andeis baleiros" de Susana Lamela.

Portada do libro: “Andeis baleiros” de Susana Lamela.

Susana Lamela

Fai agora un ano, no mes de marzo de 2014, nas xornadas Escol@tic.2014, tivemos a ocasión de coñecela. Presentaba unha experiencia coñecida como O mago unha experiencia de traballo colaborativo con tablets. Naquela ocasión gustounos e moito. Unha compañeira de infantil desenvolvendo experiencias creativas, innovadoras, de calidade. Agora quixemos que nos viñese a contar as súas experiencias, que son numerosas, plurais e enriquecedoras.

Temos con nós, unha profe de a pé que traballa a cotío cos cativos de infantil, unha incansable entusiasta da tecnoloxía dixital como ferramenta a usar no seu desempeño diario, unha bloguera incasable que non cesa no seu empeño, e unha autora de libros recoñecidos por todos e todas. E ademais aquí, na súa terra natal de Pontevedra. E nós que andamos na procura de ferramentais dixitais que nos axuden no noso día a día educativo, ben que haberemos de atopar auga para esta sede.

Só por abrir boca, vaian aquí unhas palabras que a crítica fai sobre un dos seus libros:

Andeis baleiros aliméntase do mesmo territorio imaxinativo no que enraizara a súa anterior entrega: protagonismo infantil e marabilloso didáctico nunha trama na que os propios libros, as bibliotecas e o exercicio da lectura fían unha rede de relacións sorprendentes e moi entretidas.

O obradoiro

  • Temática: “Obradoiro para traballar os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles”
  • Cando: 11 de abril (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
  • Onde: CEIP de Vilaverde – Mourente en Vilaverde, 9 – Mourente – (36164) Pontevedra.  Google Maps
  • Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
  • Prezos: 5 € agás para o profesorado deste centro que xentilmente nos cede as súas instalacións.
  • Importante: Por favor, cada asistente que traia o seu tablet da casa para facer as prácticas. A organización tentará levar algúns para repartir pero non chegaría para repartir a todas as persoas asistentes. Por outra banda, non sabemos como vai tolerar o sistema wifi unha conexión simultánea a tantas tablets, agardemos que nos funcione.
  • Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
  • Características: Susana lamela, bloguera de As nosas letras, O mago, Remedios TIC, Olla polo buratiño, Andel, Senticolor, e autora de libros como Andeis baleiros ou Soños de andel.