Fotografía creativa dunha ensalada nun prato colocada.

Descrición alternativa: fotografía creativa dunha ensalada nun prato colocada habilmente para que pareza o retrato dunha persoa (a leituga como pelo, o tomate como cara, un trozo de cenoria como nariz grans de pimenta como ollos, etc).

Unha axenda inclusiva para Vigo e máis cidades galegas

Toma nota dos seguintes datos:

Laboratorio de fotografía Di-versión-arte

  • Sábados 11, 18, 25 de abril e 9 de maio.
  • Horario de 10 a 14 horas.
  • Sede Afundación Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26.
  • Un obradoiro pouco convencional, poderás retratar a túa persoal visión do mundo, co foco na realidade que máis che interesa, libre de prexuizos e apriorismos.
  • Persoas con diversidade funcional ou calquera persoa con interese na fotografía, ou no uso das artes como ferramenta de inclusión social.
  • Cada participante deberá traer cámara de fotos dixital (compacta ou réflex).
  • Máximo 15 asistentes.

Exposición fotográfica + Performance de danza Igualarte

  • Do 11 ao 27 de xuño.
  • Entre as 17:30 e as 20:30 horas.
  • Sede Afundación Vigo. Rúa Velázquez Moreno 18 (Sala de Exposicións II)

Por que?

Fotografía a modo de logotipo de "Di-versión-arte".

Descrición alternativa: fotografía a modo de logotipo de “Di-versión-arte” co cartel en letras de cor turquesa claro e unha persoa pasando por diante levando na cabeza un sinal de tráfico posto a modo de cucurucho.

Boa pregunta: lendo na información que se nos achega, e á vista dos resultados desta mesma actividade desenvolta noutros lugares galegos, atopámonos con singularidades que moito nos gustaría foxen xeralidades: unha actividade dirixida a todo tipo de poboación e con especial sensibilidade ás persoas con diversidade funcional sen entrar a valorar se tal o cual discapacidade. Unha escolma ben feita de actividades aptas para todos e todas sen exclusións, accesibles, sen máis. O dito, unha actividade singular que moito nos gustaría que deixase de selo para converterse en xeralizada, tan inclusiva que nin se anuncia como tal.

//Afundación

Así é o nome da entidade que promove as iniciativas que aquí se amosan, a se celebrar en Vigo nos vindeiros meses e que poderían ser de interese. Esta institución defínese así mesma na súa web como:

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) (…) A nosa misión é a realización dunha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.
(…) O noso máximo órgano de decisión é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores…

Información adicional

Nestes anexos que xuntamos en formato PDF poderedes ter información adicional incluíndo o xeito de vos inscribir se vos interesa:

  • Díptico informativo achegado por Afundación [Enlace 1].
  • Formulario de inscrición con información adicional [Enlace 2].