Asemblea de socios 2014

Logotipo de TADEGa sobre fondo negro.

Logotipo de TADEGa sobre fondo negro.

Un ano máis, achéganse datas do nadal, significadas por motivos moi distintos e con latexos moi diferentes. O certo é que moitas veces canto máis grandes imos, máis tristuras se nos filtran no nadal.

E… ¿A que non sabedes como quixemos tolear quitándovos isa tristura desta volta? Temos un encargo para vós, estrano e atípico (coma sempre). Unha soa condición que o fagamos todos e todas.

Seguide as seguintes indicacións e, Dádelle caña!

1º. Tes que felicitar o nadal a cantos amigos e coñecidos teñas (incluíndonos a nós). Como? Elixe unha das seguintes opcións:

Opción A: “A hora do código”

Podes atreverte ti ou mellor aínda, pedirllo aos teus alumnos. Creade unha postal navideña e mandárnola a todos e todas (si, tamén á veciña do 6º). Todo a través de programamos.es Unha alternativa orixinal que nos achegan coa seguinte mensaxe:

LA HORA DEL CÓDIGO

La Hora del Código es un movimiento mundial, llegando a decenas de millones de estudiantes en más de 180 países; se trata de una iniciativa que comienza la semana que viene, del 8 al 14 de diciembre y que persigue que todo el mundo dedique al menos una hora a programar.Como se acerca la navidad y es tiempo de felicitaciones y buenos deseos, desde la web Programamos.es no quieren perder esta oportunidad e invitan a disfrutar de un particular Hour of code, Para ello, durante estos días iremos publicando distintas entradas en las que explicaremos paso a paso cómo crear nuestras propias felicitaciones. Con la primera de ellas hemos probado y la verdad es que es muy muy sencillo, por lo que os invito a que lo intenteis con&para vuestros alumnos. [ scratch.mit.edu (O tés en inglés, galego e castelán) ]

Opción B: www.vladstudio.com/es/cards

Para os que non se atrevan a tanto con iso de programar e prefiren cousas máis sinxelas.

Opción C: www.jibjab.com/holidays

O mesmo tamén pero con gañas de facernos rir cun par de fotos… jejeje.

Opción D: Grávate!

Para os que non queirades metervos nestas lides, outra opción, seguro que estades a preparar no cole o típico tópico festival de nadal, seguro que algún dos vosos alumnos ou todos eles van a actuar presentando algunha historia, canción, poema, canto, teatro, baile, danza… seguro tamén o gravades coa idea de subilo á web ou algo así ¿Nolo mandas? Estaría guai que o compartiras, que o que todos facemos a cotío, por unha vez, sexa coñecido e recoñecido por todos e todas.

2º. Tes que vir. Asemblea de socios e socias de TADEGa en Santiago de Compostela o 22 de nadal en sesión de mañá

Pois si, tes que vir; eres importante. Só é 1 vez ao ano, imos estar xuntos (e comer xuntos se queredes tamén), imos propoñer que este ano non cobremos a cuota de socios, vos imos falar do novo congreso para o 2015 que faremos en colaboración con Divertic e moitas sorpresas máis ¿Fan falta máis datos? Pero imos pedirche unha cousa, a ver se nos podes axudar: aínda non sabemos en que local porque no MUPEGA non hai sitio. Necesitamos localizar un sitio gratis e céntrico que nos permita xuntar, con wifi, canón e todo iso. Axúdasnos?.

Atréveste?

Nota: ao longo distes días e a partir do que nos vaiades achegando, iremos concretando o sitio da asemblea, horario, comida, etc.

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.