Atencion virtual

Imaxe da paxina do proxecto Diversidade Funcional. [D-487]

A Unidade Clínico Asistencial de Trastornos de Espectro Autista e Xerais do Desenvolvemento (UCATEA) da Universidade da Coruña está a traballar na avaliación e intervención dirixida a mellorar a calidade de vida dun grupo de familias con persoas con diversidade funcional. Para iso seleccionouse unha mostra inicial de varias familias situadas en distintas ubicacións dentro das provincias da Coruña e Lugo. As diferentes familias formáronse para a utilización do entorno virtual e dotáronse dun equipo informático e conexión a Internet de alta velocidade para que así puideran entrar e ter acceso aos servizos que dende a Universidade se lles ofertan.

Isto pódese realizar grazas ao emprego dun contorno virtual deseñado pola Área de e-learning do CESGA en colaboración coa universidade, co que se facilita a realización de actividades relacionadas con todas as dimensións de calidade de vida familiar (Benestar emocional, Saúde física, Benestar económico, Apoios, Produtividade, Relacións e funcionamento familiar, Implicación na comunidade e defensa, Ocio e tempo de lecer e Autodeterminación).

Nos últimos meses os profesionais da Universidade de A Coruña están a realizar un proceso de avaliación das diferentes dimensións da calidade de vida deste colectivo. Dentro deste proceso de avaliación plantéxanse múltiples actividades semanais: e-mails con informacións, novas relativas a aspectos fundamentais na vida das persoas con diversidade funcional, discusión mediante foros, sesións de atención individual e grupal a través de chat… A través deste proceso detéctase que aqueles aspectos onde as familias precisan maior apoio están relacionados coas dimensións de Produtividade, Saúde física e apoios para as familias e as persoas con diversidade funcional.

Proximamente vaise traballar nun programa de atención familiar a través da utilización do contorno virtual. Tras este período de intervención realizarase unha avaliación das ferramentas virtuais empregadas para determinar en que medida a o programa de atención virtual pode mellorar a calidade de vida destas familias.

Para máis información sobre este traballo de investigación, póñase en contacto co coordinador do proxecto na Universidade de A Coruña (Manoel Baña Castro mbcastro@udc.es, ucatea.intervencion@udc.es) ou coa Área de e-learning do Cesga (e-learning@cesga.es) ou ben visitando a páxina web oficial http://diversidade.cesga.es/.

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.