III Xornadas Por Dereito 2014
Novo curso, novos folgos
Ben, xa abonda de vacacións e relaxing… toca porse as pilas. Reanudamos a nosa liña 2014 de obradoiros, xornadas e encontros. Desta volta para anunciarvos as III Xornadas Por Dereito 2014
.
E isto é o que nos conta a presidenta desta asociación e socia e amiga de TADEGa:
A asociación de familias e amigos de persoas con trastorno do espectro austista, Por Dereito, temos organizadas unhas novas xornadas (e xa van tres!) que se celebrarán no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 18 de outubro.
Este ano leva por título “Pensando no adultos e nos pequechos con TEA”, coa intención de despexar dúas incógnitas:
- Que vai ser dos nosos fillos cando cheguen á idade adulta?
- Que aplicacións para tablets e ordenadores lles poden facilitar a aprendizaxe e mellorar o coñecemento e a relación co seu entorno?
Para isto contaremos con poñentes que proceden de distintos puntos da península: Ávila, Burgos, Madrid, Oviedo e Barcelona, pero tamén contaremos con xente de Galicia. E que proveñen dende distinto tipo de organizacións: asociacións de autismo, fundacións, empresas…
Tedes toda a información no tríptico e no cartaz que elaboramos para esta ocasiónSomos cada vez unha familia mais grande, mais de 100 socios espallados por todo o territorio galego e que estamos unidos por uns obxectivos moi concretos e ambiciosos dentro do noso proxecto formativo: facer que se coñezan cada vez mais as particularidades das persoas con autismo, demostrar que a inclusión é posible e formar e informar a esta sociedade da que as persoas con TEA tamén forman parte.
Ben pois dende TADEGa vos queremos animar a participar neste evento, sen dúbida do máis interesante.
- Documento 1: Tríptico III Xornadas Por Dereito
- Documento2: Cartaz das III Xornadas Por Dereito