Encontro Internacional de nenos cegos e deficientes visuais

Nena cega falando ao mundo.[D-473]
Do 16 ate o 20 de xuño terá lugar en Pontevedra I Encuentro Internacional de Niños Ciegos y Deficientes Visuales, impulsado pola Organización Nacional de Cegos Españois e pola Unión Mundial de Cegos.

A idea básica consiste en que adolescentes con discapacidade visual de todo o mundo debatan e expoñan a súa realidade cotiá presentando ao público en xeral e a aquelas persoas con responsabilidade na toma de decisións dos problemas e contextos nos que se teñen que desenvolver.

Os debates serán en sesións plenarias e trataranse aspectos relacionados con temas como: a educación, a familia ou as relacións cos outros. Neles participarán sobre 24 adolescentes de entre 14 e 16 anos de todo o mundo con diferentes tipos de discapacidade visual.

Esta iniciativa xurde da recente entrada en vigor da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e este encontro pretende ser un foro onde se poida oir, reflexionar e tomar as medidas oportunas para a integración social das persoas con problemas visuais. Outro dos obxectivos que se pretende é que as conclusións cheguen a quen teñan a responsabilidade no desenvolvemento de políticas relacionados coa accesibilidade en diferentes campos: arquitectónica, urbanística, tecnolóxica, etc e acadar así melloras significativas en prol da igualdade de oportunidades e dereitos.

Está previsto que o congreso remate cunha xornada aberta á que acudirán institucións e entidades internacionais dos ámbitos da cegueira e da infancia como a UNICEF, Save the Children, e outras para que os seus representantes poidan coñecer de primeira man a realidade e os problemas deste colectivo tras unha declaración conxunta elaborada polos propios rapaces.
O resto das sesións serán a porta pechada e levaranse a cabo talleres de teatro,música ou deporte así como outras actividades de ocio e tempo libre que incluirán visitas culturais pola cidade.

Fonte da noticia: www.ecodiario.es

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.