Imaxe alegórica dunha familia. [D]

Non todo vai a ser falar de ordenadores, cables, programas; tamén é hora de reflexionar, de pensar, de calibrar e avaliar canto estamos a facer ou de ata onde queremos chegar, de se os nosos esforzos van por bo camiño, de se realmente somos libres ou alguén nos está a vender a moto.

Por iso sempre se agradece que alguén faga estas reflexións e nos dé un tirón de orellas cando compre facelo. Nesta liña, saudamos ao caderno de bitácora do noso compañeiro José Vidal (http://www.espacioblog.com/jvidal) moi centrado nestas lides e cun bo grao de perspicacia. Auga fresca pola mañá coa que, de cando en vez, debémonos refrescar, e discutir claro está, porque afortunadamente aquí ninguén é perfecto ¿Onde tería eu sitio senón?

Noraboa José!