Altofalantes de vibración

Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Altofalante por vibración de Amazon. Modelo azul.

Características

Os altofalantes convencionais funcionan de maneira tradicional, é dicir, contan cunha superficie que move o aire e crea diferenzas de presión ao ritmo do son que lle transmite un transductor ao transformar o sinal eléctrico en movemento físico.

Os altofalantes de vibración, en cambio, converten calquera superficie nun resonador. Deste xeito obtemos diferentes calidades tímbricas en función do elemento (unha mesa, unha caixa, un cristal…) que utilicemos para obter resonancia.

Ademais de conseguir boa calidade e potencia de son nun altofalante moi pequeno, os altofalantes de vibración, tamén chamados altofalantes sónicos, permiten experimentar coa percepción vibrotactil e a audición por vía ósea.

Son excelentes tanto para o traballo en estimulación multisensorial como para facer re-educación de audición e linguaxe.

Aínda que non son algo que un se atope habitualmente nas tendas, non son difíciles de conseguir, particularmente por Internet.

Os modelos actuais inclúen avances como Bluetooth, batería interna, lector de cartóns microSD incorporado, radio, etc.

Os prezos son moi variables e, en xeral, elevados se nos imos a marcas moi coñecidas.

No entanto é posible conseguilos a prezos reducidos similares, senón idénticos, a outros de prezo superior.

O altofalante de Amazon

A modo de exemplo podemos mencionar este modelo, cun resultado máis que favorable na relación calidade-prezo: Enlace a www.amazon.es…

O prezo, como vedes, é moi competitivo para un aparello que ten radio FM incorporada, admite tarxetas MicroSD (que le directamente) ten batería interna que se recarga (por tanto pode funcionar sen ningún cable ou, tamén, conectado de modo convencional).

O altofalante do Colacao e dos 40 principais

Pero se non necesitades tanta sofisticación, e esta é a estupenda noticia, tedes unha alternativa doada, cómoda e moi barata.

Os envases de Cola-cao Turbo de 2,5 kg traen de agasallo un altofalante dos 40 principais de vibración. Funciona con dúas pilas AAA non incluídas. Recóllese nunha caixiña moi cómoda e funciona conectado ao computador. A súa calidade de son é razoable. Ten boa potencia de saída e, sobre todo, para facer estimulación vibrotactil vai xenial. E falamos de entre 13,00 € e 15,00 € dun paquete xigante de Colacao (e por riba quedádesvos co Colacao). Así que se queredes probar a ver se lle sacades partido eu non o dubidaría. Ten marxe de caducidade de máis de un ano.

Fátima Mª García Doval.

Altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto empaquetado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto empaquetado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista xeral.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista xeral.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto despregado.

Fotografía dos altofalantes do Colacao e os 40 principais. Vista do conxunto despregado.

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Que conste en acta: quen ten 1 ano de caducidade é o Colacao… que os altofalantes teñen máis… jejejeje

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.