Anagrama das actividades para o curso 2013/14

Descrición alternativa: Anagrama das actividades para o curso 2013/14. Entre elas e como anticipo o obradoiro que aquí se anuncia.

Presentación

Dende diferentes ámbitos como a Cultura con CampUSCulturae, ou a Educación coa asociación TADEGa, síntese con apremio a necesidade de que Educación, Cultura e Sociedade fagan unha aproximación moito máis atinada e intensa ao mundo da diversidade co ánimo de facer efectiva unha inclusión que non acaba de saír dos libros para chegar aos fogares e ás escolas; que nos está tardando moito porque moitos dos seus esforzos non camiñan dende os enfoques axeitados ou non acadan unha conexión plena coa sociedade actual. A tecnoloxía dixital vén ademais a influenciar todo esta estrutura: dende ás oportunidades ata o acceso á cultura, dende a mellora comunicativa ata a interculturalidade que promove. Chega pois o momento deste congreso cunha converxencia nunca antes vista nesta procura que nos ocupa.

Estilo

Con tal motivo e nun traballo simbiótico e conxunto con CampUSCulturae, traemos esta oferta de congreso, pero non un congreso calquera.

  • O protagonista non é a ferramenta (dixital ou non), é a persoa.
  • A inclusión como obxectivo: o que non é para todos, non serve.
  • A accesibilidade e usabilidade como condicións imprescindibles. O que non é accesible, impide a inclusión.
  • A atención á diversidade é un reto, precisa axuda, e o obxectivo é brindala.

Obxectivos

Parten das 4 necesidades básicas detectadas:

  • Formación no aproveitamento do dixital e na atención á diversidade.
  • Encontros para o intercambio de experiencias e recursos.
  • Promoción dos valores da inclusión, da accesibilidade e da usabilidade.
  • Investigar no desenvolvemento de ferramentas e servizos de utilidade.

III Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega 2013. Inclusión e Cultura Dixital

Cando

  • 8 e 9 de novembro de 2013.

Onde

  • Facultade de CC da Comunicación. Santiago de Compostela.

Organizan

  • Asociación TADEGa
  • CampUSCulturae

Colaboran

  • Universidade de Santiago (USC).
  • Revista Educación 3.0
  • BJ-Adaptaciones.com
  • Pictoaplicaciones.com

Como

  • Na xornada do venres, abrimos o apetito con reflexión e controversia:
    • A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos (Mónica Arenas Ramiro).
    • Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade?
      • Mª Cruz Da Silva Rubio. Presidenta da asociación Por Dereitopordereito.blogspot.com.es
      • Irene García García. Coordinadora de CampUSCulturae – campusculturae.usc.es
      • Francisco Javier Soto Pérez. Asociación Divertic – divertic.org
      • Manolo Rey Fernández. Mestre e orientador e asesor na Consellería de Educación.
      • Yolanda Barallobre Ferreño. Xefa do departamento de Organización escolar e Diversidade do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) – www.edu.xunta.es/web/cafi
      • Ana Franco Vázquez. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral), no IES Sanxillao, Lugo.
      • Juan José Fernández García. Presidente de TADEGa. – tadega.net
    • Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 – campusculturae.usc.es (Miguel Gendre)
  • Na xornada do sábado teremos 3 sesións de obradoiros simultáneos para que as persoas asistentes elixan libremente 3 títulos do seu interese de entre múltiples posibilidades:
    1. Obradoiro ACCEGAL – www.accegal.org (Fátima Mª García Doval).
    2. Plataformas escolares Edmodo – www.edmodo.com (Antonio Garrido de la Guía – www.antoniogarrido.es)
    3. Tablets e dispositivos móbiles Android. (Iago José Corral López).
    4. Dispositivos móbiles Android e automatización de tarefas mediante NFC. (Iago José Corral López)
    5. Experiencias de traballo con ANEAE na aula. (Yolanda Fontán Fernández).
    6. Comunicación total. Proyecto Habla Signada. Asociación Divertic – divertic.org (Emilio Ivars Ferrer).
    7. Proxecto Sígueme – www.proyectosigueme.com (María José Rodríguez Fórtiz).
    8. Proxecto PictoAplicaciones.com – www.pictoaplicaciones.com (Gonzalo García Figueroa).
    9. Obradoiro de solucións personalizadas con Arduíno – www.arduino.cc/es Bricolabs TEAM – bricolabs.cc (Tucho Méndez – sites.google.com/site/sitiotuchomendez, Andrés Diz e Rubén Fernández).
    10. Construción de pulsadores. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
    11. Adaptación de xoguetes. CEAPAT – www.ceapat.es (Roberto Gaitán Cazorla).
    12. BJ Adaptacioneswww.bj-adaptaciones.com (Gil Barrero Llano).
  • Na clausura actuación de María Fumaça – http://youtu.be/KnA4Pc0ofAs.

Horarios

Venres
  • 16.30 – 17.00: Recollida de documentación.
  • 17.00 – 17.30: Benvida e inauguración.
  • 17.30 – 18.30: Relatorio: A irrupción das redes sociais, vantaxes e perigos (Mónica Arenas Ramiro).
  • 18.30 – 20.00: Mesa redonda: Fracasa a Atención á Diversidade?
  • 20.00 – 21.00: Actividades de inclusión a través da danza INTEGRA2 (Miguel Gendre)
Sábado
  • 09.30 – 11.30: Obradoiros simultáneos I.
  • 11.30 – 12.00: Descanso.
  • 12.00 – 14.00: Obradoiros simultáneos II.
  • 14.00 – 16.00: Descanso.
  • 16.00 – 18.00: Obradoiros simultáneos III.
  • 18.00 – 18.30: Descanso.
  • 18.30 – 19.30: Reflexións dos obradoiros e conclusións finais.
  • Actuación de María Fumaça.

Prezos

Como actividade sen ánimo de lucro o que se cobra é máis simbólico que real para sufragar (só en parte) os gastos de relatores e organización (ver formulario de inscrición).

Comité científico

  • Blanco Corral, Maria. Mestra de educación infantil, dirección de TADEGa.
  • Couto Escanciano, Feliciano José. Mestre de educación especial, dirección de TADEGa.
  • Domínguez Besada, Ana Belén. Mestra de audición e Linguaxe, dirección de TADEGa.
  • Fernández Carreira, Susana. Mestra de audición e linguaxe, dirección de TADEGa.
  • Fernandez Gacia, Juan José. Mestre de primaria. Presidente de TADEGa.
  • García García, Irene. Coordinación de CampUSCulturae.
  • Junquera Méndez, Mª Belén. Mestra de inglés, dirección de TADEGa.
  • Mayo Pais, Mª Emma. Profesora asociada da Universidade Internacional de la Rioja, doutora en psicoloxía pola USC, dirección de TADEGa.
  • Neira Cruz, Xosé A. Escritor, coordinación de CampUSCulturae.

Comité organizador

  • Acuña Abalde, Uxía. Mestra de educación infantil.
  • Blanco Baluja, Susana Marina. Orientadora na ESO.
  • Couto Escanciano, Feliciano José. Mestre de educación especial, dirección de TADEGa.
  • Da Silva Rubio, Mª Cruz. Mestra de educación primaria, presidenta de PorDereito.
  • Fernández Carreira, Esteban. Mestre de educación infantil.
  • Fernández Fariñas, Nuria. Mestra de educación infantil.
  • Fernández Fernández, Alejandro. Mestre de audición e linguaxe.
  • Franco Vázquez, Ana. Profesora de FOL (Formación e Orientación Laboral).
  • Herrera López, Santiago. Mestre de educación primaria.
  • Ivars Ferrer, Emilio. Dirección de Divertic e TecnoNEEt.
  • López Díaz, Mª Luz. Mestra de pedagoxía terapéutica.
  • Míguez Mato, Francisco Javier. Mestre de pedagoxía terapéutica.
  • Moura Barros, Carolina. Mestra de audición e linguaxe.
  • Nicolás Giménez, Patricia. Mestra de educación infantil.
  • Nieto Castro, María Belén. Profesora de atención a personas dependentes, traballadora social.
  • Orol Méndez, Ermitas. Mestra de audición e linguaxe.
  • Pena Barbeito, Patricia. Mestra de educación primaria.
  • Roo Mayo, Elena Vanesa. Mestra de pedagoxía terapéutica.
  • Soto Pérez, Francisco Javier. Dirección de Divertic e TecnoNEEt.

Co noso estilo característico

  • Preténdese un aire festivo cun formato áxil e novidoso.
  • Contidos prácticos que poder levar e usar nas aulas.
  • Non haberá certificación homologada. Como moito un non título lúdico tipo Eu estiven aquí en lembranza do evento e con selo europeo.
  • Centros de interese:
    • A idea: festexar a inclusión: natural, enriquecedora e única opción lexítima.
    • Ferramentas dixitais, experiencias de aula, proxectos innovadores, etc.
    • Achegas das TIC facilitadoras da inclusión.
    • Achegas: das familias, dos usuarios, das asociacións e do empresariado.

Onde me inscribo?

As persoas interesadas en participar, dispoñen de toda a información necesaria nesta web: (menú superior, opción encontros, apartado Congresos TADEGa, subapartado III Congreso. Santiago 2013 e alí poden escoller entre o programa, o formulario de inscrición e as listaxes de persoas admitidas.

Inscricións: http://tadega.net/?page_id=3650

Esfera do logotipo de TADEGa.

Logotipos de CampUSCulturae, da Unión Europea e da Universidade de Santiago de Compostela.

Logotipos de CampUSCulturae, da Unión Europea e da Universidade de Santiago de Compostela.

Logotipo de Educación 3.0

Logotipo de Educación 3.0

Logotipo de Pictoaplicaciones.

Logotipo de Pictoaplicaciones.

Logotipo de BJ Adaptaciones

Logotipo de BJ Adaptaciones