Esfera do logotipo de TADEGa.

Ao fin unha débeda agardada

Dende fai tempo que viñamos anunciando obradoiros en congresos, sempre estabamos cerca e sempre retrasando o anuncio. Agora xa non, toca ir amosando o que será o vindeiro curso 2013/14 que arranca este venres (si, venres 5 de xullo) con este estupendo obradoiro dun tema sumamente demandado: o uso das tablets nas aulas, sobre todo dentro do ámbito da atención á diversidade. Aquí vos deixamos os datos de interese para vos apuntar. Bulide que se agotan as entradas.

Título

Obradoiro TADEGa. tablets e dispositivos portatiles con sistemas Android nas aulas.

Autor

Iago Corral, Lugo.

Cando

Venres 5 ás 16:30 horas para rematar sobre as 21 horas.

Onde

CEIP San Francisco Javier, (ao carón do Corte Inglés) na cidade da Coruña.

Como

Obradoiro aberto a todas as persoas interesadas socias ou non de TADEGa.

Prezo

  • 5 euros para persoas socias.
  • 10 euros para as non socias.
  • O prezo será cobrados alí mesmo na entrada.

Condicións especiais

  • Onde apuntarse: enviando un correo á asociación TADEGa: contactar@tadega.net indicando Nº de persoas que se anotan.
  • Clausura: nun restaurante da zona, cea animosa opcional de vonvivencia a escote (TADEGa paga cafés e chupiños).
  • Ao día seguinte: para os supervivintes que o desexen: chocolate con churros a escote e confraternización.

Agardámosvos

Para amenizar como música de fondo Alborada de noite e luz, de Juan Durán.

Anagrama das actividades para o curso 2013/14

Descrición alternativa: Anagrama das actividades para o curso 2013/14. Entre elas, e como anticipo, o obradoiro que aquí se anuncia.