TecnoNEEt 2008 en marcha

Logotipo do Congreso ‘TecnoNEEt 2008′.[D-312]

O congreso abre as súas portas

Como xa temos insistido noutras ocasións, TADEGa súmase cargada de ilusión ao lanzamento do V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que este ano conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital para conformar así o Congreso Tecnoneet-Logopedia Dixital 2008 que, baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital terá lugar no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena (Cartaxena, Murcia, España), os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008.

Cartel do congreso Tecnoneet 2008.[D-344]

Aberto o prazo de inscrición de comunicacións, pósteres e obradoiros

A día de hoxe comunícannos dende a organización que quedan abertos os formularios por Internet para os envíos de traballos (comunicacións, pósteres e obradoiros) para este congreso. Así pois, vos animamos encarecidamente a participar no mellor evento internacional de fala hispana sobre tecnoloxías e atención á diversidade. Moi probablemente, TADEGa estará presente de diversos xeitos:

  • 3 dos nosos compañeiros de TADEGa forman parte do comité organizador (Belén, Antonio e Juan).
  • Nun obradoiro, TADEGa propón obradoiros sobre as plataformas galegas EduLim e Ardora.
  • Noutro obradoiro, a edición dixital de contidos accesibles.
  • Presentación oficial da plataforma Aumentativa.net traducida xa totalmente ao galego grazas a unha equipa de TADEGa (Grazas Belén).
  • Presentación oficial do acordo de colaboración entre Divertic.org e TADEGa.net para o libre intercambio de experiencias e acceso a servizos de ambas asociacións.

Vos invitamos a participar

Dende a nosa experiencia de convocatorias previas, sabemos que a calidade está garantida. Así pois vos invitamos a que participedes neste excepcional encontro. A maiores, TADEGa está a buscar fórmulas organizativas e económicas para facilitar o acceso a este congreso aos seus asociados. Esperemos poder darvos noticias moi pronto.

E, por suposto, tedes toda a información necesaria na súa web: http://congreso.tecnoneet.org/

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.