Obradoiro accesibilidade no “CRA de Teo”

Fotografía dos nenos no obradoiro.[D-337]

Onte tiven a sorte de poder participar no primeiro obradoiro de accesibilidade básica de contidos web, a pesar de que os meus coñecementos neste tema son moi limitadiños direi que saquei moitas máis cousas en claro do que pensaba a priori.

Está claro que con xente deste calibre é fácil ir collendo de aquí e de alá e, pouco a pouco, ir creando o teu propio banco de recursos, ideas moitas, ferramentas tamén, agora votarlle horas para fedellar en todo e ir equivocándome e tamén acertando.

Polo de pronto tentarei facer, na medida en que os meus coñecementos mo permitan, accesible todo o que elabore, tentar conseguir polo menos a dobre A.

É certo que cando elaboraba calquera documento e o colgaba por exemplo no blog que xunto a outros compañeiros comparto, non me paraba a pensar en que tal vez algunha persoa das que accedese a él puidese ter problemas para saber o que alí había, así que, polo menos, xa se produciu un cambio na miña visión de esto que era tan evidente para outros.

Agradecervos Juan, Felo… e todos os demais participantes a oportunidade de aprender con vós e de vós, certemente foi unha xornada perfecta.

Gracias.

Comparte este artigo

7 Comentarios

  1. A verdade é o luxo que supón coñecervos e aprender con todo o que facedes e a paixón que poñedes no voso traballo! Grazas

    Noraboa polo artigo, pouco a pouco xa irás engadindo mais cousiñas…

    Felo

  2. Ola Susana:

    Sinceramente o agradecido son eu. Agantar a iste infumable discurso meu, e tomar a valentía de poñelo en práctica co teu primeiro artigo nesta bitácora á vista de todos (que por certo: ‘Chapeau!’). Eres ti quen denota calidade humana.

    Felicidades polo teu artigo, anímote a que o vaias retocando e pulindo para facelo perfecto de todo ¿Qué tal inserindo unha das fotos que tomamos no obradoiro? Conforme ti o vaias facendo eu sígoche e se vexo algo para corrixir, dígocho.

    Bicos,
    Juan.

  3. Excelente!!! botamos de menos unha imaxe 🙂

  4. E como eres alumna aventaxada ímoste axudar: nos foros da nosa web, na parte onde están os apuntes, estamos editando unha pista para que poidas facer.

    Grazas por todo.

  5. con imaxe e todo!!! bueno bueno… 😉

  6. Bueno bueno……Felo anda,que casi desmonto a páxina,anótate un tanto. Graciñas

  7. O meu deus con imaxe e todo!!!!, pero esta rapaza asemella a BOB esponja, parabéns Susana…agora falta unha cousiña máis, no editor do artigo busca debaixo de onde escribes o contido existe un boton, chamado IMASET, dalle e deixa correr a creatividade…. 🙂

Deixa una resposta a Juan Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.