Fotografía dos nenos no obradoiro.[D-337]

Onte tiven a sorte de poder participar no primeiro obradoiro de accesibilidade básica de contidos web, a pesar de que os meus coñecementos neste tema son moi limitadiños direi que saquei moitas máis cousas en claro do que pensaba a priori.

Está claro que con xente deste calibre é fácil ir collendo de aquí e de alá e, pouco a pouco, ir creando o teu propio banco de recursos, ideas moitas, ferramentas tamén, agora votarlle horas para fedellar en todo e ir equivocándome e tamén acertando.

Polo de pronto tentarei facer, na medida en que os meus coñecementos mo permitan, accesible todo o que elabore, tentar conseguir polo menos a dobre A.

É certo que cando elaboraba calquera documento e o colgaba por exemplo no blog que xunto a outros compañeiros comparto, non me paraba a pensar en que tal vez algunha persoa das que accedese a él puidese ter problemas para saber o que alí había, así que, polo menos, xa se produciu un cambio na miña visión de esto que era tan evidente para outros.

Agradecervos Juan, Felo… e todos os demais participantes a oportunidade de aprender con vós e de vós, certemente foi unha xornada perfecta.

Gracias.