Grazas á colaboración da nosa compañeira Cuca, os Bolechas veñen de incorporar pictogramas á súa colección de libros; o obxectivo é facilitarlle o acceso á información escrita para os nenos e nenas con dificultades lectoras…

Este é un primeiro exemplo, e en breve aparecerán 12 libriños mais.
Os pictogramas aparecen ao final de cada páxina
Os pictogramas aparecen ao final de cada páxina
Logotipo que indica a presenza de pictogramas de fácil lectura
Logotipo que indica a presenza de pictogramas de fácil lectura
O novo libro dos Bolechas, O reloxo de Carlos,  inclúe entre as súas novidades a incorporación de pictogramas, imaxes que substitúen palabras ou ideas e que permiten ler o conto estimulando a atención e a imaxinación dos nenos.

Trátase dun recurso educativo infantil moi recomendable e divertido xa que resume a información que se recibe, mellora a atención e a motivación, apoia certas destrezas de expresión oral e escrita e axuda á comprensión lectora e a construír conceptos.

Neste caso trátase de pictogramas de fácil lectura, que aparecen ao final de cada páxina transmitindo a idea que nela se conta a través dunha composición moi simple de imaxes. Cada unha delas vai nun recadro de cor amarelo, verde ou azul, segundo a función gramatical do texto que se transmite. Así, o amarelo úsase para os nomes, o verde para os verbos e o azul para adxectivos e adverbios.

Indicado para nenos con dificultades

Este recurso está especialmente indicado para nenos con dificultades de comprensión ou de acceso á lectura, de aí a motivación para incluílo nos libros dos Bolechas, de xeito que as historias creadas por Pepe Carreiro cheguen eficazmente ao maior número de nenos e nenas posible.

 

Para saber mais:
http://www.osbolechas.com/novas.php?id=36