Coñeces a normativa que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na Comunidade Autónoma de Galicia? Empregas metodoloxías, estratexias e propostas de intervención da comunidade educativa e outros organismos e institucións favorecedoras da inclusión?.

Porque istes aspectos serán algúns dos que se darán cumprida resposta nas  I Xornadas de Atención á Diversidade o día 24 de novembro na EGAP (Santiago de Compostela), de 9:00 a 20:30, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

Imaxe do logotipo das Xornadas.

TADEGa estará nas Xornadas e despois farémosche un resumo dos temas principais e do que alí se traballou.

Tes máis informacion no enlace do CAFI: http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/node/559

Nota posterior do 25 de novembro

Enlace aos contidos para descargar da aula Moodle do CAFI: edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=309