Ferramentas didácticas. Fundación Dédalo
[D-316]
Tal e como xa adiantabamos noutro artigo desta bitácora, a fundación Dédalo dentro do proxecto “Ferramentas didácticas para a educación de persoas con discapacidade†acaba de publicar na súa web un material pensado para persoas con discapacidade, maiores e outros colectivos que precisan un tratamento específico.
Este material pódese descargar de xeito gratuíto e quere dar resposta a un público en ocasións esquecido pero que require toda a nosa atención e apoio.
- As ferramentas desenvoltas no primeiro CD divídense en dous bloques de actividades Jclic:
- O primeiro: “Actividades de linguaxe†conta con exercicios para traballar as letras, sílabas, ordenar palabras e lectura.
- O segundo bloque conten actividades de observación, atención, secuenciación, numeración e calculo.
- O segundo CD é unha adaptación do programa “Escoita†orixinal do CREENA , adaptándoo ás recomendacións e suxestións aportadas por expertos no campo das Necesidades Educativas Especiais.
Estas dúas ferramentas pódense baixar para logo copialas nun CD dende o seguinte enderezo:
www.fundaciondedalo.org/archivos…
A primeira tamén está dispoñiible no seguinte enderezo da web:
www.fundaciondedalo.org/HerramDidacticas…