Como xa sabedes case todas e todos vós, os días 18, 19 e 20 de outubro en Cartaxena teremos o I Congreso Nacional de Dificultades Específicas de Aprendizaje (DEA) xunto co VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad (TecnoNEEt) que este ano leva por título Respuestas flexibles en contextos educativos diversos.Como hai moita xente de TADEGa anotada neste congreso tanto como organizadores como asistentes, e como ademais moitas destas persoas son docentes que traballan no ensino público, deixamos aquí postos os datos necesarios e o modelo que fai falla para solicitar os días de permiso no centro para asistir a esta actividade formativa.

  • O modelo de solicitude, pode descargarse aquí: enlace.
  • Unha vez cumprimentado anexaráselle documentación relativa ao congreso (neste caso por exemplo o programa que figura na web).
  • Entregarase esta documentación no centro (no que se está destinado no momento de producirse a ausencia).
  • A dirección do mesmo, e cun mínimo de anticipación de 10 días naturais, deberá emitir un informe que se xuntará á solicitude para ser remitidos ambos documentos á xefatura territorial.
  • Caso de non ter resposta antes do congreso poderíase consultar telefónicamente na inspección educativa.
  • Á volta do congreso deberase emitir un breve informe do acontecido no congreso así como un xustificante de ter asistido.
Imaxe de cabeceira do VII Congreso TecnoNEEt.

Pé de medio (e descrición alternativa): Imaxe de cabeceira do VII Congrso TecnoNEEt, na que figuran impresos os datos básicos do mesmo tal e como se explican neste artigo.