Ourense casco antigo[D-300]

As actitudes ante a discapacidade son un dos pilares fundamentais para a inclusión educativa e social. Unha actitude positiva cara a discapacidade fai posible que a integración total sexa unha realidade. Mellorar a actitude das persoas sen discapacidade lógrase a partir do coñecemento das características das distintas discapacidades, dos dereitos, da interacción con persoas con discapacidade, etc.

Este é motivo principal polo que o Departamento de Orientación e o Equipo Directivo do Colexio Divina Pastora decide levar a cabo un Programa Integral para a Mellora das Actitudes da Comunidade Educativa, no que se inclúe estas “ I Xornadas de Sensibilización: A Discapacidade”, que se celebrarán no Salón de Actos do Centro. Pretende así mellorar a inclusión non só do noso alumnado senón de todas as persoas con algunha discapacidade, por iso estas xornadas están abertas a toda a Comunidade Educativa, aos veciños, e a todas as persoas interesadas neste tema.

Programa:
MÉRCORES 6 FEBREIRO SÍNDROME DE DOWN
19:30 h. Acto de apertura das xornadas:
José Luis Baltar Pumar. Excmo. Presidente da Deputación de Ourense
Gonzalo Iglesias Sueiro. Delegado de Educación
Ana Garrido Rodríguez. Concelleira de Educación
Mª. Esther Martínez Quintas. Inspectora de Educación
Álvaro Leis Martínez. Director do Colexio Divina Pastora

19: 45 h. Moderador: Juan Mazairas Xefe de Informativos da Cadena COPE Ponentes:
Maia García Martínez. Coordinadora da Asociación Down Ourense.
María Rodríguez Ramos. Antiga alumna de Divina Pastora.
Jacobo Rey González. Antigo alumno de Divina Pastora.

MÉRCORES 13 FEBREIRO DISCAPACIDAD FÍSICA
19:30 h. Moderador: Manuel Deaño Deaño Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Presidente de AEDES. Ponentes:
RECAREDO PAZ PRIETO. Presidente de AIXIÑA Ourense

MÉRCORES 20 FEBREIRO DISCAPACIDAD VISUAL
19:30 h.Moderador: ANTONIO NESPEREIRA Director de Radio Voz e Subdelegado de La Voz de Galicia
Ponentes: LUÍS DOMÍNGUEZ. Presidente da ONCE en Ourense.
IMMACULADA MENDOZA RÍOS. Educadora da ONCE

MÉRCORES 27 FEBREIRO TDAH
19:30 h.Moderadora: MAR GARCÍA SEÑORÁN. Prof. Dr. Psicología Evolutiva e da Educación. Ponentes:
EQUIPO DE PSIQUIATRÍA INFANTIL DO CHOU
CONSUELO NOGUEIRA ENCISO. Xefe da unidade de Psiquiatra Infantil.
ROSA MOURE MOURE. Psiquiatra infantil
ROSA MARNOTES FERNÁNDEZ. Psicóloga infantil

Convidámosvos a asistir a estas xornadas tan interesantes e esperamos que acaden as vosas espectativas.

Fonte: Juan Luis Rodríguez Rodríguez. Xefe do Departamento de Orientación do Colexio Divina Pastora de Ourense